San Xoán de Meaño é unha parroquia que se localiza no centro do concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 491 habitantes (252 mulleres e 239 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ós anos 2010, cando tiña 509 veciños, e 2005, cando eran 522. Ten unha superficie de 2,76 km².
No lugar das Covas sitúase a capitalidade do concello.
Patrimonio histórico-artístico
Entre os edificios salientables figuran a igrexa parroquial de San Xoán de Meaño e o Pazo de Lis. A primeira é de construción románica aínda que posteriores modificacións só respectaron a base e algúns canzorros antropomórficos e zoomórficos. O Pazo de Lis é de estilo barroco e alberga na súa planta baixa o Museo da Muller Labrega.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Meaño
Parroquias de Meaño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos