Massimo Dutti

Massimo Dutti

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1985
MatrizInditex
LocalizaciónTordera (Barcelona) Cataluña Cataluña (loxística)
Avda. Deputación Arteixo A Coruña Galicia Galiza (sede)
FundadorArmando Lasauca
Persoas claveJorge Pérez Marcote
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e Complementos
Beneficio1.134 millóns de euros (2012)[1]
Número de empregados4.000
Na rede
http://www.massimodutti.com/ e https://www.massimodutti.com/ru/
Facebook: MassimoDuttiOfficial Twitter: massimodutti Instagram: massimodutti Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Massimo Dutti é unha empresa do grupo Inditex. Creouse no ano 1985 en Terrassa, dedicada á fabricación de roupa para homes. En 1991 Inditex obtivo o 65 % das accións da empresa, para comprala totalmente no ano 1995. A partir de entón a empresa diversificou a súa oferta e ofrece roupa para muller, neno, nena e perfumaría. Conta actualmente con máis de 525 tendas localizadas en máis de 30 países.

Ten o seu centro loxístico en Tordera (Barcelona, España) e o social en Arteixo.

Historia

Massimo Dutti en Bruxelas.

En 1974 Armando Lasauca (o nome do fundador da empresa) con 19 anos chegou de Madrid e comezou a traballar en Barcelona de vendedor de camisas. Un posto que lle ofreceu un amigo do seu pai[2]. Traballo que non coñecía nin tiña experiencia nunha cidade nova para el. Déuselle ben e en pouco tempo tiña o seu propio negocio, fabricando e vendendo camisas a grosistas e comerciantes. Os comezos foron duros pero chegou a vender a El Corte Inglés. En 1985, xa con certo éxito no negocio, considerouse a posibilidade de crear unha marca propia, con tendas propias. Buscou un nome pegadizo, algo grande e como lle dicía aos seus: tiña que ser o másimo. Na familia a Armando o coñecían de pequeno como Armanduti. O nome da empresa de deseñador italiano: Massimo Dutti. En poucos anos estaba facturando 4.500 millóns de pesetas. O aumento da facturación fixo necesario atopar máis socios. O grupo italiano Cofir chegou a ter o 49% da empresa e en pouco tempo o 70%. En 1991 Cofir vende a súa participación en Massimo Dutti a Inditex por unha cantidade estimada en 4.000 millóns de pesetas. O resto da empresa foi mercada en 1995 por Inditex por unha cantidade estimada en 2.000 millóns de pesetas. Ese mesmo ano o fundador da empresa deixou a dirección en mans de Inditex e fundou unha nova empresa: Polo Sur que tentou competir con Massimo Dutti sen éxito[3][4].

Notas

  1. Zara, el corazón (cada vez más fuerte) de Inditex Moda.es
  2. "El fundador de Massimo Dutti dimite y venderá su participación a la cadena Zara", artigo en La Vanguardia, 15 de novembro de 1991 páx. 63 (en PDF) (en castelán).
  3. Massimo Dutti 25 Años, artigo no blog Revisión Interior, 16 de decembro de 2010 (en castelán).
  4. "Armando Lasauca dimite como presidente de Massimo Dutti", artigo de Walter Oppenheimer en El País, 15 de novembro de 1991 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!