Mary Walton, nada en Nova York en 1827, foi unha enxeñeira e inventora estadounidense, que desenvolveu o seu traballo a finais do século XIX.[1] Foi unha pioneira na loita contra a contaminación atmosférica e acústica provocada pola revolución industrial.[2][3]
Traxectoria
En 1879 desenvolveu un método para deflectar as emisións de fume a través de tanques de auga, adaptándoo despois ás locomotoras.[4][5] Esta inventora neoiorquina patentou asemade un aparello para atallar o intolerable ruído do traqueteo producido polos novos trens elevados que estaban a ser instalados nas grandes cidades estadounidenses, vendendo despois os dereitos ao metro de Nova York. Consistía nun sistema de rebaixe sonoro que apoiaba os raís nunha caixa de madeira con algodón e rechea despois de area.[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Claramunt Vallespí, R. M., Portela Peñas, I., e Claramunt Vallespí, T. (2003). Las mujeres en las ciencias experimentales (2ª ed.). Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
- 2020, Damas de Manhattan, Pilar Tejera, Editorial Casiopea. ISBN 978-84-121020-9-3
- Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
Outros artigos