Filla do lucense Magín Morandeira Núñez, emigrado en Cuba, onde casou con Caridad Estévez. Naceu en Lugo durante unha visita dos seus pais á cidade. Con doce anos xa escribía na revista Bohemia. En 1924 era redactora-xefe de Elegancias. Fixo recitais poéticos acompañada ao piano por Ernesto Lecuona. Publicou tres libros de poesía. Traballou como redactora do Ministerio de Asuntos Exteriores e dirixiu a revista Continente. Foi membro do PEN Club. Anunciou en televisión produtos de estética. Visitou Galicia en 1956 como agregada de prensa da Embaixada de Cuba en México.[1] Despois da Revolución Cubana foi destituida do cargo e exiliouse nos Estados Unidos de América, onde morreu.
Obras
Poesía
Auroras, 1925, con prólogo de Eduardo Zamacois.
Plenilunios, 1927, Medalla de Ouro da Real Academia Española de Ciencias y Artes de Cádiz.
Estremecimiento, 1929, con preámbulo de Eduardo Zamacois.