Mary C. Otero Rolle

Modelo:BiografíaMary C. Otero Rolle

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata

María del Carmen Otero Rolle, nada en Madrid o 5 de abril de 1965, é unha poeta e cantautora española.

Traxectoria

De raíces galegas (por parte paterna) e madrileñas (por parte materna) trasladouse de moi pequena (dous anos) a Viveiro, onde se iniciou na poesía e na música. Estudou Maxisterio en Lugo.

Logo dunha etapa en Santiago de Compostela, vive en Inglaterra dende 2002, residindo inicialmente en Southampton e dende 2006 en Bristol. En 1997 casou con Santiago Rodríguez López, co que ten un fillo.[1]

Obras

A maior parte da súa produción poética ten lugar dende a adolescencia ata finais dos anos 90. Froito desta actividade é o seu primeiro libro, que é unha recompilación de poemas da autora centrados no tema do amor.

É tamén autora de moitos outros poemas aínda inéditos. Musicou varias das súas poesías así como poemas doutros autores galegos como Darío Xohán Cabana, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel Rodríguez López.

Poesía

  • Luces en la arena, 2012.

Notas

  1. Biografía no libro "Luces en la Arena"

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!