Martin Ødegaard

Modelo:BiografíaMartin Ødegaard

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Drammen, Noruega Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso68 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade13 de abril de 2014 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2015 Strømsgodset IF 23(5)
2015–2021   Real Madrid CF 11(0)
2017–2018 cesión SC Heerenveen 43(3)
2018–2019 cesión Vitesse Arnhem 39(11)
2019–2020 cesión   Real Sociedad 36(7)
2021–2021 cesión Arsenal F.C. 20(2)
2021–valor descoñecido transferencia Arsenal F.C.
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2013   Noruega sub-15 2(0)
2013–2014   Noruega sub-16 6(0)
2014–   Noruega 35(1)
2014–2014   Noruega sub-17 4(0)
2014–2018   Noruega sub-21 18(5)
Participou en
2019Qualificações para o Campeonato Europeu Sub-21 de 2019 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHelene Spilling (2024–) Editar o valor en Wikidata
ParellaHelene Spilling (2023–2024) Editar o valor en Wikidata
PaiHans Erik Ødegaard Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm11686908 Instagram: odegaard.98 FIFA: 201256045 UEFA: 250081341 Editar o valor en Wikidata

Martin Ødegaard, nado en Drammen o 17 de decembro de 1998, é un futbolista profesional noruegués que xoga como centrocampista ofensivo no Arsenal FC da Premier League inglesa e na selección noruega.

Traxectoria

Ødegaard xogou durante os seus primeiros anos no club local Drammen Strong. Seu pai Hans Erik Ødegaard, un ex-futbolista, fora un dos fundadores da sección de fútbol e foi adestrador do equipo de seu fillo.[1][2].

En 2009 Ødegaard entrou na sección xuvenil do Strømsgodset, adestrando e xogando con nenos máis vellos ca el,[3] e mais tamén xogou co equipo do condado de Buskerud desde 2010.

Ødegaard durante o seu debut con Noruega na clasificación para a Eurocopa 2016 contra Bulgaria en 2014

Strømsgodset

Ødegaard comezou a adestrar co primeiro equipo en 2012 con trece anos e xogou o seu primeiro partido nun amigable contra o Mjøndalen IF.[4] Na tempada 2013 xogou tanto no equipo xuvenil como no terceiro equipo do club, que xogaba na quinta división norueguesa.

En xaneiro de 2014 Ødegaard, daquela con quince anos, entrou formalmente no primeiro equipo pero sen asinar contrato profesional non obstante a Tippeligaen establecer que os xogadores debían ter un, polo que se incluíu a Ødegaard na "lista B" para xogadores afeccionados que poden xogar ata tres partidos por tempada. Por mor dos estudos adestraba co seu pai no Mjøndalen IF dúas veces á semana nos seráns.[5]

Debutou na liga co Strømsgodset nun partido contra o Aalesunds FK o 13 de abril de 2014, converténdose no xogador máis novo en xogar na Tippeligaen.[6] O 5 de maio asinou un contrato profesional co Strømsgodset, con duración ata o remate de 2015.[7] Once días máis tarde marcou o seu primeiro gol como profesional e ao marcar o cuarto gol nun 4-1 contra o Sarpsborg 08 FF converteuse no goleador máis novo da Tippeligaen.[8] Fixo o seu debut europeo o 16 de xullo, substituíndo a Lars Christopher Vilsvik nos últimos cinco minutos contra o Steaua Bucureşti na segunda rolda calsificatoria da Liga de Campións da UEFA.[9] O Strømsgodset finalizou cuarto na liga, cualificándose para a primeira rolda da UEFA Europa League, e Ødegaard marcou 5 goles en 23 partidos de liga ademais de lograr 7 asistencias.[10]

O pai de Ødegaard aprendeulle a manter o balón preto dos pés para maximizar o control

Real Madrid

O 21 de xaneiro de 2015, o Real Madrid fíxose con Ødegaard, segundo o acordo adestraría tanto co primeiro equipo como co Real Madrid Castilla pero xogaría na liga con este último equipo.[11][12] O seu debut oficial co Castilla foi o 8 de febreiro, xogando os últimos 20 minutos como substituto nun 2–2 contra o Bilbao Atlético B na Segunda División B. O 21 de febreiro marcou o seu primeiro gol para o club nun 4–0 contra o Barakaldo CF no Estadio Alfredo di Stéfano.[13] O 29 de abril formou parte do primeiro equipo contra a Unión Deportiva Almería por mor das baixas por lesións de Gareth Bale, Luka Modrić e Karim Benzema. Así e todo non chegou a xogar.[14]

O 23 de maio fixo o seu debut co primeiro equipo do Real Madrid como substituto no minuto 58 de Cristiano Ronaldo nun 7–3 contra o Getafe CF.[15] Foi o debutante máis novo na historia do club con 16 anos e 157 días.[16] Na tempada 2015-16 foi xogador regular do Castilla e axudou a que o equipo fose o primeiro na competición.[17] 

Carreira internacional

Xogou coas seleccións xuvenís de Noruega e o 19 de agosto de 2014 convocárono para xogar coa selección absoluta cpmtra os Emiratos Árabes Unidos en Stavanger,[18] xogou o encontro todo o 27 de agosto, converténdose no xogador máis novo en xogar coa selección absoluta, con 15 anos e 253 días, superando a Tormod Kjellsen, quen tiña 15 anos e 351 días no seu debut en 1910.[18] Convocárono tamén para a clasificación para a Eurocopa de 2016 contra Malta e Bulgaria. Fixo o seu debut competitivo contra este último equipo, substituíndo a Mats Møller Dæhli no minuto 64 e que rematou cunha vitoria 2–1. Converteuse dese xeito con 15 anos e 300 días no xogador máis novo en xogar nun cualifiatorio dun campionato europeo batendo o rexistro que desde 1983 tiña o islandés Sigurður Jónsson.[19]

Notas

  1. "Drammen Strong: – Vært mye jubel". Drammens Tidende. 
  2. "Gutten fra løkka". Josimar. outubro de 2014. 
  3. "Drammen Strong ecstatic over hundreds of thousands from Martin Ødegaard". Drammens Tidende. 29 de xaneiro de 2015. 
  4. "Debuterte som tidenes yngste SIF-spiller". Drammens Tidende. 18 de xuño de 2012. 
  5. "Dobbel opptur for Ødegaard". Drammens Tidende. 17 de xaneiro de 2014. 
  6. "Tidenes yngste i Tippeligaen debuterte med målgivende". TV2. 13 de abril de 2014. 
  7. "Ja til Godset - nei til agenter". Drammens Tidende. 5 de maio de 2014. 
  8. "Martin (15) er tidenes yngste målscorer". NRK. 16 de maio de 2014. 
  9. "Steaua up and running with win at Strømsgodset". UEFA. 16 de xuño de 2014. 
  10. "Martin Odegaard: Teenager completes Real Madrid move". BBC. 22 de xaneiro de 2015. 
  11. "O R. Madrid presenta a Odegaard, que xogará co filial pero adestrarase co primeiro equipo". CRTVG. 22 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  12. "Martin Odegaard will be a star at Real Madrid and Lucas Silva will be thrown into action, says Guillem Balague". Sky Sports. 27 de xaneiro de 2015. 
  13. "Norwegian teenager Martin Odegaard makes his Real Madrid debut for reserve side". Sky Sports. 8 de febreiro de 2015. 
  14. "James Rodriguez scores stunning volley in Real Madrid win". BBC. 29 de abril de 2015. 
  15. "Cristiano Ronaldo finished with a season's best goals tally of 61 as his first-half hat-trick helped Real Madrid end their season by hammering Getafe". BBC. 24 de maio de 2015. 
  16. "Martin Ødegaard becomes youngest debutant in Real Madrid history". insidespanishfootball.com. 23 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  17. "Mariano catapulta al Castilla hasta el liderato con un hat-trick". As. 17 de abril de 2016. 
  18. 18,0 18,1 "Martin Odegaard, 15, called up by Norway for UAE friendly". BBC. 19 de agosto de 2014. 
  19. "Norway's Martin Odegaard became the youngest player to appear in a European Championship qualifier in his side's victory over Bulgaria in Oslo". BBC. 13 de outubro de 2014. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!