Martin Linnes, nado en Sør-Odal o 20 de setembro de 1991, é un futbolista noruegués que xoga como defensa no Galatasaray.
Traxectoria
Primeiros anos
Comezou a súa carreira no club a súa aldea natal, o Sander, e despois pasou polo Kongsvinger. En 2010 debutou na máxima categoría norueguesa.
Molde
Linnes fichou polo Molde en 2012, ao caducar o seu contrato co Kongsvinger.[1] O 9 de abril de 2012, fixo a súa primeira asistencia contra o Brann nunha vitoria para o Molde 2–1, e o 4 de agosto de 2012, marcou por primeira volta, contra o Sogndal, nunha vitoria 2–1. O 17 de setembro de 2015, Linnes anotou o terceiro gol contra o;Fenerbahçe na UEFA Europa League 2015-16 nunha vitoria 1-3. Logo de catro anos co Molde marchou ao Galatasaray. Co Molde xogou 152 partidos, marcou 14 goles e realizou 26 asistencias.
Galatasaray
En xaneiro de 2016, Linnes firmou por tres anos e medio co Galatasaray.[2] Debutou contra o Akhisar Belediyespor na Copa de Turquía que acabou nun empate 1 a 1. No partido do 26 de xaneiro de 2016 comezou como centrocampista con José Rodríguez contra o Kastamonuspor na Copa de Turquía, e fixo unha asistencia a Sinan Gümüş, que acabou no terceiro gol do seu equipo. Na segunda metade regresou á súa posición principal, defensa, e o Galatasaray gañou por 4 a 1. O 6 de febreiro de 2016, xogou por primeira volta na Süper Lig, contra o Konyaspor que acabou nun empate a 0.
Notas