Marta Nóvoa Iglesias, nada en San Cibrao das Viñas en 1980, é unha enxeñeira e política galega do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
Graduada en Enxeñería Industrial Mecánica. Foi concelleira polo PPdeG en San Cibrao das Viñas (2011-2016). Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi elixida deputada.