Marica Andallón|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1764 Oviedo, España |
---|
Morte | 2 de xaneiro de 1848 (83 anos) |
---|
|
Ocupación | heroe |
---|
María Josefa Francisca González y Suárez, máis coñecida como Marica Andallón, nada en Oviedo o 8 de xaneiro de 1764 e finada ibídem o 2 de xaneiro de 1848, foi unha heroína da Guerra de Independencia española.
Traxectoria
María naceu en Oviedo nunha familia proveniente de Andallón, concello de Les Regueres, de aí o seu alcume. A curta idade queda orfa, empezando a traballar máis tarde como criada.
O 9 de maio de 1808, unha vez coñecidos os acontecementos do levantamento do 2 de maio en Madrid, xunto con Joaquina Bobela e un grupo de partidarios impediu ó secretario do xeneral francés Murat a publicación dun bando.
O 25 de maio de 1808 tomou parte no levantamento en cuxos preparativos axudou.
Durante a guerra de independencia participou na fundación dun corpo sanitario que auxiliou ós contendentes feridos de ámbolos dous bandos, obtendo produtos sanitarios, trasladándoos ós hospitais de campaña de Santa Clara e San Francisco.
O 19 de xuño de 1808, as tropas populares de Oviedo unidas ás do rexemento de Castropol detiveron a Meléndez Valdés, La Llave, Ladrón de Guevara e Fitz-Gerald para axustizalos sumariamente por afrancesados. María, ó decatarse, informou ó cabido de Oviedo organizando unha procesión encabezada pola Cruz da Vitoria para salvar a vida dos presos, feito que finalmente logrou.
Fernando VII, tras unha recepción real, concedeulle unha pensión vitalicia polos seus méritos na guerra.
Unha rúa do casco urbano de Oviedo, peonil en parte, leva o nome de María Andallón.
Véxase tamén
Bibliografía
- Diccionario Enciclopédico del Principado de Asturias, Tomo 1. Ediciones Nobel, Oviedo 2005 (en castelán).
- Álvarez Valdés, Ramón (1889). Memorias del levantamiento de Asturias en 1808[Ligazón morta], Oviedo, Hospicio, pp. 9-16 (en castelán).
- Canella Secades, Fermín (1908). Memorias asturianas del año ocho, Oviedo, Flórez, pp. 95-110 (en castelán).
- Tolivar Faes, José Ramón (1985). Nombres y cosas de las calles de Oviedo, Oviedo, La Carpeta, pp. 101-104 e 245-248 (en castelán).