Mariam al-Asturlabi ou Al-'Ijliyah bint al-'Ijli al-Asturlabi (en árabe: العجلية بنت العجلي الأسطرلابي),[1] foi unha astrónoma e fabricante de astrolabios no norte de Alepo, na actual Siria.[2][3]
Traxectoria
Coñecida como al-'Ijli al-Asturlabi.[3] Segundo Ibn al-Nadim, Mariam al-Asturlabi foi unha aprendiz (tilmīthah) de Muḥammad ibn ʿAbd Allah Nasṭūlus.[3][4]
Mariam al-Asturlabi desenvolveu e fabricou astrolabios,[5] un instrumento astronómico para a navegación, durante o século X.[6] Traballou ao servizo de Sayf al-Dawla, emir de Alepo que gobernou entre 944 e 967.[3][7]
O asteroide do cinto principal 7060 Al-'Ijliya, descuberto por Henry E. Holt no Observatorio Palomar en 1990, recibiu o seu nome.[2][8][9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas