Margaret Booth, nada nos Ánxeles o 16 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 28 de outubro de 2002, foi unha montadora de cinema estadounidenses.
Traxectoria
Nada nos Ánxeles, comezou a súa carreira en Hollywood como "patcher" ("facedora de parches"), montando filmes de D. W. Griffith, arredor de 1915. O seu irmán era o actor Elmer Booth. Máis adiante, traballou para Louis B. Mayer cando era un produtor de cinema independente. Cando Mayer se xuntou con outros para formar a Metro-Goldwyn-Mayer en 1924, traballou como axudante de dirección nesa compañía. Montou varios filmes protagonizados por Greta Garbo, incluído Camille (1936).
Booth montou filmes tan diferentes como Wise Girls (1929), Mutiny on the Bounty (1935, polo que foi candidata ao Oscar á mellor montaxe), A Yank at Oxford (1938), The Way We Were (1973), The Sunshine Boys (1975), The Goodbye Girl (1977), The Cheap Detective (1978) e Seems Like Old Times (1980). Foi supervisora de montaxe e produtora asociada en varios filmes do produtor Ray Stark, culminando cun crédito como produtora executiva en The Slugger's Wife (1985) cando tiña oitenta e sete anos.
Porén, a súa listaxe oficial de créditos representa só unha parte do traballo cinematográfico de Booth. No seu papel como montadora supervisora na MGM entre 1939 e 1968, o xornal The Village Voice describiuna como "a autoridade final en cada filme que fixo o estudio durante trinta anos".[1] Trala súa morte, The Guardian escribiu: "todos os cineastas tiñan que pasar por ela para ter unha montaxe final de son e visión aproba", ademais de describir o seu enfoque:
Foi unha pioneira do estilo clásico de montaxe, o chamado "corte invisible", que tiña como propósito facer a transición dunha imaxe a outra tan continua como fose posible, así que o público non era case consciente do fluxo das tomas dentro da secuencia. A narrativa era dominante, mantendo unha continuidade do tempo e do espazao, e emparellando os cortes coa acción.
[2][3]
Recibiu un Oscar Honorífico da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas en 1978 polo seu traballo na montaxe. En 1983, recibiu o Women in Film Crystal Award outorgado ás mulleres destacadas que, mediante a súa resistencia e excelencia no seu traballo, axudaron a expandir o papel das mulleres na industria do entretemento.[4]
En 1990, Booth recibiu o American Cinema Editors Career Achievement Award. Faleceu en 2002, aos 104 anos, por complicacións dun infarteo. Está enterrada no Inglewood Park Cemetery, de Inglewood, California.
Filmografía seleccionada
Notas
- ↑ The Village Voice, "His Girl Friday" por Terrence Rafferty, 30 de novembro de 1982, páx. 83
- ↑ Orixinal en inglés: "She was a pioneer of the classic editing style, the so-called "invisible cutting", the aim of which was to make the transition from one image to another as seamless as possible, so the audience was almost unaware of the flow of shots within a sequence. Narrative was dominant, maintaining a continuity of time and space, and matching cuts to action".
- ↑ The Guardian, Obituario de Margaret Booth, 15 de novembro de 2002
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 10 de maio de 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Margaret Booth Arquivado 23 de xuño de 2019 en Wayback Machine. at Women Film Pioneers Project
- Obituario do 31 de outubro de 2002 – Los Angeles Times
- Gomery, Douglas (2000). "Margaret Booth," in Tom Pendergast and Sara Pendergast (editors), International Dictionary of Film and Filmmakers, Edition 4 (St. James Press), ISBN 978-1-55862-449-8. Versión en liña do artigo, consultado o 24 de decembro de 2007.
- Lewis, Kevin (2006). "The Moviola Mavens and the Moguls: Three Pioneering Women Editors Who Had the Respect of Early Hollywood's Power-Brokers", in Editors Guild Magazine, Vol 27, No. 2 (marzo–abril de 2006). Archived at WebCite from this original URLArquivado 31 de maio de 2016 en Wayback Machine. 2008-06-22.
- Literature on Margaret Booth