As follas e pétalos da maravalla son comestíbeis, de modo que os pétalos se adicionan aos pratos como gornición en substitución do sasafrán. As follas poden ser doces mais son xeralmente amargas, e poden usarse nas ensaladas.
Trátase dunha planta bastante cultivada e medra facilmente en lugares soalleiros na maioría dos solos.[1]
Alén diso, a caléndula está presente na fórmula dalgúns xampús para cabelos claros, pois sábese que o extrato desa planta contén, así como a camomila e a macela, un pigmento amarelo responsábel por acentuar a cor dos cabelos de tons castaño claro a louro dándolles reflexos dourados de forma natural e gradual.
Galería
Calendula officinalis
Flor da C. Officinalis.
Flor da C. Officinalis.
Flor da C. Officinalis.
Notas
↑Carrie Mayes (2001). "Calendula officinalis". Herb Information Greenpaper. The Herb Research Foundation. Arquivado dende o orixinal(HTML) o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 2007-12-17.