- Non confundir con Manuel María Cambronero (Orihuela 1765-Madrid 1834).
Manuela María Cambronero de la Peña, nada na Coruña ou Valladolid c. 1820 e finada c. 1854, foi unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
O seu pai desapareceu traxicamente, o seu irmán enlouqueceu e a propia Manuela e o seu marido Lorenzo Caballero sufriron graves doenzas. Residiu en Cádiz e Valladolid.
Apareceu obra súa publicada no Álbum de la Caridad.
Obras
- Safira (Valladolid, 1842), obra teatral en prosa.[1]
- El Ramillete: Inés (1846) novela curta.[2]
- Días de convalecencia (A Coruña, Imprenta de Domingo Puja, 1852), recompilación de poemas e novelas curtas.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas