Era filla de Facundo Manuel Barreiro Arias, natural de Lugo, mestre en Viveiro, e de María del Carmen Inés Pico Álvarez, natural de Vilanova de Lourenzá (Lugo), ama de casa.[1] Tivo tres irmáns: Justo, Inés e Emilia. O seu avó foi Justo Pico de Coaña, mestre en Viveiro e importante pedagogo galego do século XIX.
Ó pouco de nacer foi vivir coa súa familia a Ribadeo onde fixo a primaria.[3] En 1896 converteuse na primeira muller en acadar o bacharel en Galicia[3] e en estar matriculada na Universidade de Santiago, así como en ser licenciada en Farmacia pola USC (1900; título datado en 1901).[3] Debido ás limitacións impostas ás mulleres na época, tivo que solicitar permiso (que finalmente lle foi concedido) para matricularse e para exercer a súa profesión. No escrito dirixido ao ministro de Instrución Pública e Belas Artes, indicaba que os estudos realizados debían habilitala “para o exercicio dunha profesión que sempre creu propia do seu sexo e na que pretende atopar ocupación útil para si e para a sociedade”.[4] Aínda así, a idea dunha muller adicándose a calquera disciplina científica tiña moitas reticencias:
"Nunca quixemos intervir no debate xeral sobre se as mulleres deberían ou non dedicarse preferentemente ás tarefas domésticas, deixando aos homes o arduo e sempre mal recompensado traballo de estudar ciencias naturais, pero dado que a ocasión se presenta por mor da autorización da Dirección Xeral de Instrución Pública á señorita Manuela Barreiro para asistir á Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, non podemos deixar de constatar o noso xuízo sobre un punto de tal interese."[5]
“Perden o tempo, os cartos e algo máis, que sempre constituíu a mellor auréola das damas, as familias que teñen o mal gusto de destinar ás súas fillas ao manexo do bisturí e os traballos de laboratorio. A figura da muller ten outro cadro e debe respirar outro ambiente".[6]
Logo de licenciarse, en 1903 abriu a súa farmacia en Ribadeo[7] na rúa de San Roque (actual rúa Rodríguez Murias), que permaneceu aberta até 1931[8] (ano en que se xubilou), en que a traspasou a Claudio Pérez Prieto.[1]
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[11]
Notas
↑ 1,01,11,21,3Fernández García, María Isabel (2017): Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada. 1ª Licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Deputación de Lugo.
↑Claramunt Valles, Rosa Mª e Teresa (2012). Mujeres en ciencia y tecnología. UNED. Tema 3.
↑Las primeras universitarias en España, 1872-1910. p. 204.
↑"Un grupo de ribadenses homenaxea o luns á ribadense Manuela Barreiro Pico, primeira muller farmacéutica de Galicia". La Comarca del Eo. 17/06/2017. p. 1.|data-acceso= require |url= (Axuda)