Manuel Rodríguez Núñez, nado en Mondoñedo en 1893 e finado no mesmo concello o 11 de xaneiro de 1938, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
Comerciante. Pertenceu á directiva sa Sociedade de obreiros católicos, e formou parte do seu orfeón. Militou na CNT, no Partido Sindicalista e na Unión Socialista Galega. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado en Mondoñedo o 11 de xaneiro de 1938, o seu cadáver apareceu na Travesa dos Remedios.
Véxase tamén
Ligazóns externas