Manuel Diego Santos, nado en Vigo e finado na mesma cidade a finais de maio de 1911[1], foi un empresario e político galego.
Traxectoria
Emigrado no Brasil, foi director dunha fábrica de mobles en Río de Xaneiro, tamén foi presidente da Sociedad Española de Beneficincia. Retornou a Vigo en 1882[2]. Foi presidente da Sociedad de Socorros Mútuos La Cooperativa, que tivo a iniciativa de crear a Escola de Artes e Oficios de Vigo. Concelleiro en Vigo polo Partido Liberal dende 1895, foi alcalde da cidade (1910-1911).
Notas