Manuel Ángel Aller Carballo, máis coñecido como Manuel Aller, nado o 17 de abril de 1963 en Ponferrada, León, é un antigo xogador galego[1] de baloncesto. Con 1,92 metros de estatura, ocupaba a posición de escolta. Salvo unha tempada no Club Baloncesto Salamanca, toda a súa carreira transcorreu no Club Baloncesto OAR Ferrol, mesmo despois da desaparición deste club galego.
Traxectoria
Fillo dun berciano e unha galega de Esgos, Manuel Aller comezou a xogar aos 12 anos, e aos 15 anos trasladouse á canteira do OAR Ferrol, iniciando así unha duradeira relación con ese club.[2]
Na súa xuventude, Aller compaxinou o deporte coa formación profesional, baixo a estrita supervisión do OAR Ferrol, que esixía boas notas para permitirlle seguir xogando.[2]
En categoría júnior competiu no Eurobasket de 1989 en Zagreb. Despois da desaparición do OAR Ferrol, Aller xogou temporalmente en Salamanca antes de volver ao baloncesto en categorías máis modestas.[2]
Clubs
Seleccións
Nomeamentos
- 1988-89 ACB. Clesa Ferrol. "Gigante Nacional". Revista <i>Gigantes del Basket</i>.
Adestrador e asistente
- 2000-01 LEB. Abeconsa Ferrol. Axudante de Javier Lorenzo.
- 2000-01 LEB. Abeconsa Ferrol. Faise cargo do equipo con Félix Bañobre. Dirixe dous partidos.
- 2000-01 LEB. Abeconsa Ferrol. Substituído por Ángel Navarro. Entra como xogador.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas