O Manchester City Football Club é un club de fútbol profesional da cidade de Manchester, no Reino Unido, que compite na Premier Leagueinglesa. O equipo foi fundado no ano 1880 co nome de St. Marks, ó pouco tempo foi rebautizado como Ardwick A.F.C., e finalmente co nome actual en 1894.
O equipo mantén unha forte rivalidade co Manchester United. Dende 2008 o club está en mans dun grupo investidor dos Emiratos Árabes Unidos chamado Abu Dhabi United Group for Development and Investment.
Palmarés
O club ten no seu palmarés nove ligas inglesas (que gañou nas tempadas 1936-37, 1967-68, 2011-12, 2013-14, 2017-18, 2018-19, 2020-21, 2021-22 e 2022-23), seis FA Cups (1903-04, 1933-34, 1955-56, 1968-69 e 2010-11 e 2018-19), oito Football League Cups (1969-70, 1975-76, 2013-14, 2015-16, 2017-18, 2018-19, 2019-20 e 2020–21), seis Community Shields (anos 1937, 1968, 1972, 2012, 2018 e 2019), e unha Recopa de Europa (gañada na campaña 1969-70).
Estadio
O Manchester City xoga os seus encontros como local no City of Manchester Stadium, coñecido coma Etihad Stadium debido ó patrocinio de Etihad Airways. Este estadio foi construído para acoller os Xogos da Commonwealth en 2002, e foi inaugurado polo club en 2003. Ten capacidade para 55.017 persoas, e a UEFA o catalogou na categoría de máxima calidade.