Man of Tai Chi é un filme chinés-americano dirixido por Keanu Reeves que se estreou no 2013.
Sinopse
Historia de Tiger Chen (adestrador e amigo de Keanu na vida real), un mensaxeiro que practica a arte do Tai Chi como un sistema de combate, e que adestra tódolos días cun vello mestre nun templo que está a caer. El devece por gañar fama como loitador, mais o seu mestre trata de facerlle entender que o primeiro é a honra e a humildade. Cando as dificultades económicas o obriguen, Tiger entrará en contacto con Donaka Mark (Keanu Reeves), un home de negocios que organiza pelexas entre grandes loitadores para ofrecerlles espectáculo online a clientes adiñeirados. A partir dese intre, Tiger entrará nunha espiral de morte e combates da que só poderá saír dun xeito.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas