Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Maceira.
San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2011 tiña 414 habitantes (204 mulleres e 210 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 570 habitantes.
Historia
Os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.
A parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos. A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.
É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. Preto áchase un cámping de montaña. Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona. Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.[2]
Galería de imaxes
-
Serradoiro dos carranos.
-
Igrexa de Maceira.
Lugares e parroquias
Lugares de Maceira
Parroquias de Covelo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos