Macedonia (comida)

Macedonia de verduras

A macedonia é un prato composto de froita, verdura ou legumes picados ou de pequeno tamaño. A macedonia de froitas é un tipo de ensalada de froitas que se serve fría e como sobremesa especialmente en Grecia, na Romanía, en España,[1] en Francia, en Italia e na Arxentina. A macedonia de verduras é unha ensalada ou aperitivo composto por vexetais picados a cal, en Francia, adoita incluír feixóns. A macedonia de legumes é un prato quente que se serve con manteiga.[2]

Etimoloxía

A palabra macedonia popularizouse na metade do século XVIII para referirse á ensalada de froitas, talvez debido á diversa procedencia dos habitantes do Reino de Macedonia de Alexandre Magno.[3][4] Tamén hai quen afirma que fai alusión á mestura étina da macedonia otomá do século XIX[5], porén, isto non é posible debido a que xa no 1740 existía esta palabra.[6]

Notas

  1. "Make time for Macedonia" (28 de xaneiro de 2006) The Times Arquivado 17 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  2. Larousse Gastronomique
  3. Juan Antonio Cincunegui (24 de novembro de2002) "La palabra en el tiempo", Nuevo Siglo, Buenos Aires, Argentina
  4. Auguste Scheler (1888) Dictionnaire d'étymologie française d'après les résultats de la science moderne p. 313
  5. Dimitar Bechev, Historical Dictionary of North Macedonia, Historical Dictionaries of Europe, Edition 2, Rowman & Littlefield, 2019, ISBN 1538119625, Introduction, p. 1.
  6. Oxford English Dictionary, 3rd edition, 2000, s.v.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!