En embrioloxía, mórula (do latínmorŭla, amora, debido á súa aparencia), é o primeiro estadio de desenvolvemento do embrión dos animais, despois de que o cigoto comece a dividirse para formar unha esfera con 64 células, ou blastómeros. Cando a división do cigoto chega aos de 12 a 16 blastómeros, xa pode ser chamado mórula.
Despois desta fase, a mórula comeza a formar unha cavidade central chea de líquido, denominada blastocele, e pasa a denominarse blástula.