Máscara

Máscara FFP2, un dos tipos de máscara protectora autofiltrante.
Unha máscara facial de filtrado N95.
Unha máscara de purificación do ar elastomérica de media cara. Esta clase de máscara é reutilizábel, se os filtros substitúense periodicamente.
Máscara cirúrxica simple.

Unha máscara (ás veces denominada respirador que non debe confundirse co ventilador mecánico) é un dispositivo deseñado para protexer o portador da inhalación de atmosferas perigosas, incluíndo fumes, vapores, gases e partículas en suspensión coma pos e microorganismos -bacterias e virus- aerotransportados así como para protexer aos demais cando o portador pode contaxiar algunha doenza.

Tipos segundo a orixe do ar

Hai dúas categorías principais nas máscaras:

  • Máscara purificadora do ar, na que o ar respirábel obtense mediante a filtración dunha atmosfera exterior contaminada -po, virus, bacterias, elementos químicos- ou para evitar que o que porta a máscara contamine a atmosfera exterior e poida contaxiar. Existe unha gama que vai desde as máscaras faciais de face ou media face relativamente económicas dun só uso, desbotábeis, ás veces denominadas como máscara antipo ou máscara FFP1), a máscaras protectora de maior seguridade fronte a elementos químicos e biolóxicos (máscara FFP2, máscara FFP3 e máscara N95) aos máis robustos modelos reutilizábeis con cartuchos reemprazábeis, a miúdo chamadas máscaras antigás.
  • Máscara con subministración de ar, nas que se proporciona unha subministración mediante condución desde bombonas con osíxeno ou ar respirábel desde unha localización que garanta a súa calidade -ventilador mecánico de unidades de coidados intensivos, laboratorios biolóxicos, submarinismo, bombeiros, etc.-.

As máscaras teñen unha peza facial que se axusta e suxeita á cabeza mediante fitas, arnés de tea, ou algún outro método.

Tipos segundo o seu uso e nivel de protección

Máscara cirúrxica

Artigo principal: Máscara cirúrxica.

A máscara cirúrxica é un tipo de máscara autofiltrante utilizada por persoal médico e sanitario para conter bacterias provenientes do nariz e da boca. As máscaras cirúrxicas tamén as utilizan civís en espazos públicos ante gromos ou epidemias de doenzas transmitidas por vía respiratoria, ou ben cando o ar dun determinado local está contaminado.[1]

Tipos de máscaras segundo normas europeas - FFP

Artigos principais: Máscara FFP1, Máscara FFP2 e Máscara FFP3.

A norma europea EN 149 chama ás máscaras "pezas de filtrado facial" (filtering face pieces, FFP) en tres categorías segundo a súa capacidade de filtrado e polo tanto de protección:

Clase Límite de penetración do filtro (a 95 l./min de fluxo de ar) Fluxo cara a dentro Uso
FFP1 Filtra polo menos o 78% das partículas transportadas polo ar <22% "Antipó"
FFP2 Filtra polo menos o 92% das partículas no ar <8% "Contra os virus influenza, Influenzavirus B, gripe aviaria, SRAS, coronavirus, COVID-19, yersinia pestis, tuberculose así como os usos indicados en FFP1"
FFP3 Filtra polo menos o 98% das partículas no ar <2% "Contra partículas moi finas de, por exemplo, asbesto e cerámica; procedementos médicos que xeren aerosois (intubación endotraqueal, broncoscopia, lavado bronco-alveolar, ventilación manual previa á intubación, ventilación non invasiva, traqueotomía e usos sinalados de máscaras FFP2 e FFP1"

Tipos de máscaras segundo normas estadounidenses - N

Nos Estados Unidos o Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional definiu en 2011 os seguintes tipos de filtros de partículas:[2]

Resistencia ao óleo Clasificación Descrición
Non é resistente ao óleo N95 Filtra polo menos o 95% das partículas transportadas polo ar
N99 Filtra polo menos o 99% das partículas no ar
N100 Filtra polo menos o 99.97% das partículas no ar
Resistente ao óleo R95 Filtra polo menos o 95% das partículas no ar
R99 Filtra polo menos o 99% das partículas no ar
R100 Filtra polo menos o 99.97% das partículas no ar
A proba de óleo P95 Filtra polo menos o 95% das partículas no ar
P99 Filtra polo menos o 99% das partículas no ar
P100 Filtra polo menos o 99.97% das partículas no ar

Máscaras hixiénicas fronte ao SARS-CoV-2

Artigo principal: Máscara hixiénica.

Durante a pandemia de enfermidade por coronavirus de 2019-2020 (COVID-19) e o seu espallamento a practicamente todos os países do mundo, produciuse unha escaseza xeneralizada de máscaras ante a necesidade do seu uso para evitar contaxiar e ser contaxiado. Ante esta situación xurdiron propostas individuais, empresariais e estatais para a confección das denominadas como máscaras hixiénicas, que sen cumprir as normas esixidas para as máscaras cirúrxicas e de protección (máscaras cirúrxicas, máscara N95, FFP2 e FFP3) podían cumprír unha función hixiénica e evitar tanto contaxiar e como ser contaxiado.

Os Centros para o Control e a Prevención de doenzas dos Estados Unidos publicaron un padrón de máscaras caseiras sen costuras usando un pano e un filtro de café, así como un vídeo sobre como facer máscaras con bandas de goma e teas dobradas que se atopan en casa. Os científicos de todo o país encargáronse de identificar os materiais cotiáns que fan un mellor traballo ao filtrar partículas microscópicas. En probas recentes, os filtros de forno HEPA obtiveron bos resultados, do mesmo xeito que as bolsas de aspirador, as capas de fundas de almofada de 600 unidades e a tea similar ao pixama de flanela. Os filtros de café apiados tiveron puntuacións medias. As bufandas e o material de panos tiveron as puntucións máis baixas, pero aínda así apañaron unha pequena porcentaxe de partículas.[3]

En España e outros países xurdiron iniciativas conxuntas cidadás, privadas e públicas para a confección e homologación de máscaras hixiénicas que podían cumprir a función de protección fronte ao SARS-CoV-2.[4][5][6][7][8]

Notas

  1. "Guía de mascarillas quirúrgicas y autofiltrantes" (PDF) (en español). OsaKidetza. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  2. Metzler, R; Szalajda, J (2011). "NIOSH Fact Sheet: NIOSH Approval Labels - Key Information to Protect Yourself" (PDF). ISSN 0343-6993. 
  3. Parker-Pope, Tara (9 de abril de 2020). "What’s the Best Material for a Mask?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  4. El Gobierno y la UNE establecen los requisitos para la fabricación de mascarillas higiénicas, infosalud, España, 9 de abril de 2020
  5. Coronavirus y mascarillas de tela: Experta explica cuáles son las indicadas para hacerlas en casa, latercera.com, Chile, 7/4/2020
  6. Guías para la fabricación de mascarillas y ropa de protección, Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, España
  7. Mascarilla desarrollada por AITEX
  8. Coronavirus: 7 guías oficiales para hacer mascarillas homologadas y caseras, redacción médica, 11 de abril de 2020

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!