O Lørenskog Ishockeyklubb ou Lørenskog IK é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Lørenskog, Noruega. Actualmente xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués, a GET-ligaen. Xoga os seus partidos como local no Lørenskog Ishall, un pavillón con capacidade para 1.350 espectadores.
Historia
O Lørenskog IK foi fundado en 1963. No seguinte período competiu con regularidade na segunda categoría do hóckey sobre xeo noruegués, a 1. divisjon, e na GET-ligaen (máxima categoría). Na tempada 2007-08 o club ascendeu novamente á máxima categoría, onde compite ininterrompidamente dende aquela. O maior logro do equipo chegou na tempada 2011-12, cando alcanzou rematou a liga regular na segunda posición a final nos play-offs, perdendo fronte ao Stavanger Oilers (primeiro na liga regular) por 4 a 2.
Xogadores destacados
Véxase tamén
Ligazóns externas