Luís J. Cereijo Mosquera, nado en Ferrol en 1909, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
Fillo de Luís Cereijo León. Foi correspondente de Faro de Vigo en Sada en 1929.[1] Promoveu en Sada co seu pai a edición da revista semanal Galicia en 1933.[2] Oficial primeiro do Concello de Zas en 1936, sufriu un atentado en xuño cando intentaron prenderlle lume á casa de José Barreiro Espasandín onde se hospedaba.[3] Participou nos mitins de propaganda do Estatuto.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro[4] e internado na prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión na causa 572/36 con Jorge Varela Rial, José Ferreiro Pardiñas, Manuel Costa García, José Rodríguez Gómez e Manuel Díaz Mosquera o 19 de decembro,[5] foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[6] Preso na Prisión da Coruña, saíu en liberdade condicional en maio de 1943.[7] En 1985 foi rehabilitado como oficial do Concello de Zas e indemnizado con case dez millóns de pesetas por sentenza do Tribunal Supremo.[8]
Vida persoal
Casou con Teresa Badía Benzano, que finou en 1986.[9]
Notas
- ↑ Correo de Galicia, 6-10-1929, p. 9.
- ↑ "Un percorrido pola Historia da prensa en Sada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2017.
- ↑ La Voz de Galicia, 16-6-1986, p. 7 e 21-6-1936 p. 10.
- ↑ El Correo Gallego, 9-9-1936, p. 3
- ↑ El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
- ↑ Ficha de Luis Cereijo Mosquera
- ↑ BOE, 4-6-1943, p. 5362.
- ↑ La Voz de Galicia, 18-6-1985, p. 26.
- ↑ La Voz de Galicia, 27-2-1986, p. 59.