Luna E-6LS, Luna E6LS ou Luna Ye-6LS pola súa transliteración da lingua rusa, é a designación dun modelo de sondas espaciais soviéticas composto por tres membros.[1][2]
Características
As sondas Luna E-6LS foron unha versión das sondas Luna E-6 dotadas con equipamento de radio para facer probas cos sistemas de seguimento e comunicacións terrestres soviéticos de cara ás proxectadas misións lunares tripuladas que finalmente nunca tiveron lugar. As E-6LS levaban tamén equipamento científico a bordo similiar ó das sondas tipo Luna E-6LF.[1]
Das tres sondas Luna E-6LS que se lanzaron, unha quedou en órbita terrestre para facer probas (recibindo a denominación Kosmos 159), a segunda non chegou a órbita por problemas co foguete lanzador e a terceira entrou en órbita lunar.[1]
Historial de lanzamentos
Voo[2]
|
Data[1][2]
|
Carga[1][2]
|
Resultado[1][2]
|
Notas
|
1
|
17 de maio de 1967
|
Kosmos 159
|
Éxito
|
|
2
|
7 de febreiro de 1968
|
Luna 14
|
Fallo
|
A terceira etapa apaguse prematuramente debido a un consumo excesivo de propelente, impedindo a entrada en órbita.
|
3
|
7 de abril de 1968
|
Luna 14
|
Éxito
|
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2011). "Luna E-6LS" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Luna Ye-6LS" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos