Naceu en Viveiro e aos 14 anos trasladouse á rúa Vizcaya da Coruña. Alí ingresou no Liceo de Monelos, onde xogou primeiro como xuvenil e logo dous anos na categoría de modestos. En novembro de 1964, Vizoso levouno para o Fabril,[1] no que xogou durante catro campañas ata que no verán de 1968 pasou ao Deportivo da Coruña.[2]
Xogou un total de oito tempadas no Deportivo, disputando máis de 200 partidos e vivindo tres descensos e dous ascensos. En 1976 fichou polo Getafe Deportivo de Segunda División, no que militou durante unha tempada antes de retirarse e volver á Coruña.[3]
Notas
↑"Mal partido en Riazor con victoria del Fabril sobre el Europa por 4-1". La Voz de Galicia(en castelán). 20 de novembro de 1964. p. 4.