Luigi Giorgi (1880-1954)

Para outras persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Luigi Giorgi
Non confundir con Luigi Giorgi (1848-1912), gravador xefe da Ceca de Roma.
Modelo:BiografíaLuigi Giorgi
Biografía
Nacemento1880
Milán
Italia Italia
Morte1954
Varese
Italia Italia
EducaciónAcademia de Belas Artes de Brera.
Q89547790Deseño do dólar de Yuan Shikai.
Actividade
OcupaciónDeseñador e gravador de moeda.


Luigi Giorgi, nado en Milán en 1880 e finado en Varese en 1954, foi un deseñador e gravador de moeda italiano, que ocupou o posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Tianjin, na China.

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Luigi Giorgi, nado en Milán en 1880, recibiu a súa formación artística na escola de debuxo da Academia de Belas Artes de Brera. Posteriormente entre os anos 1904 e 1910, traballou como gravador na fábrica Stefano Johnson, de Milán.[1][2]

Gravador de moeda na China

Dólar de Yuan Shikai (1921), deseñado por Luigi Giorgi.

En 1910, Giorgi trasladouse coa súa familia á China para impartir clases de gravado na Casa da Moeda de Tianjin, na que tamén ocupou o posto de gravador xefe.[1][2][3]

Na súa etapa chinesa, o traballo máis salientable de Giorgi foi o deseño e o gravado dos cuños para as moedas dun dólar (iuan) a nome de Yuan Shikai (1859-1916), un xeneral do exército e político chinés, activo entre a fin do Imperio Qing e os primeiros anos da República da China, da que chegou a ser autoproclamado emperador. A instancias do Ministro de Finanzas chinés, Luigi Giorgi tivo que deseñar unha moeda cunha aparencia completamente chinesa, e non puido gravar as súas inciais como a modo de marca de gravador, como era habitual.[1][2] O deseño do dólar estendeuse igualmente a unha serie composta por moedas de medio dólar (½ iuan),[4] 20 centavos (2 jiao)[5] e 10 centavos (jiao).[6][7][8]

Volta a Italia

Luigi Giorgi regresou a Italia en 1920 e instalouse en Varese, onde continuou exercendo o seu oficio de gravador. Alí estableceu en 1930, xunto cos seus fillos, unha empresa de fotografía e óptica que dirixiu ata o seu pasamento en 1954.[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "I Grandi Numismatici: Giorgi Luigi (Milano 1880 - Varese 1954)". Società numismatica Italiana (Socnumit.org). 2024.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ascenzi, S. (2019).
  3. "Luigi Giorgi". British.Museum.org
  4. "½ Yuan "Fat Man dollar" type". Numista.com
  5. "2 Jiao "Fat Man dollar" type". Numista.com
  6. "2 Jiao "Fat Man dollar" type". Numista.com
  7. Shih, K. (2009) [1949]. Páxina 144.
  8. Kann, E. (1953). Páxina 213.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ascenzi, S. (2019). "Il curioso caso di Luigi Giorgi". En Panorama Numismatico. Nº 356. Decembro. Páxinas 29-37.
  • Kann, E. (1953). Illustrated Catalog of Chinese Coins (Gold, Silver, Nickel & Aluminum). Los Angeles.
  • Shih, K. (2009) [1949]. Modern Coins of China. Ishi Press. Toquio e Nova York. ISBN 9784871878708

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!