Ludovico Bidoglio, alcumado "Vico", nado en Buenos Aires o 5 de febreiro de 1900 e finado o 25 de decembro de 1970, foi futbolista arxentino que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria
Debutou no fútbol profesional co Sportivo Palermo en 1916, onde militou ata o ano 1917 cando fichou polo Eureka. No ano 1922 fichou finalmente polo Boca Juniors, club no que se retiraría despois de gañar 9 títulos nacionais, o subcampionato da Copa América de 1928 e o título de honra na Xira europea de Boca de 1925.
Tivo a desgraza de sufrir unha grave lesión en 1931 no encontro contra Estudiantes nun choche contra Zozaya que o levou a retirarse do fútbol para sempre.
Trala súa retirada seguiu traballando como electricista.
Participación coa Selección Arxentina
Campionatos suramericanos
Xogos Olímpicos
Palmarés
Campionatos nacionais
Campionatos internacionais
Véxase tamén
Ligazóns externas