Ludeiros é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 34 habitantes no ano 2020 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 15 eran homes e 19 mulleres. Gaña tres veciños nun ano, 1 home e 2 mulleres máis.
Ludeiros é unha aldea fronteiriza, o que marcou a súa historia. Foron moitas as incursións dos portugueses para facerse con estas terras, que pertenceron ao castelo de Araúxo (situado nas inmediacións da aldea de A Vila, en Lobios), castelo desaparecido na súa totalidade, terras disputadas polo señor do castelo de Lindoso (Portugal), pola importancia que supuña esta parte da Serra de Santa Eufemia para dispor de pastos para o gando do castelo e a veciñanza portuguesa. As disputas mantivéronse ata o Tratado de Lindes de Lisboa de 1864, que determinou a fronteira polo río da Madalena, pasando a Portugal esa franxa de terra dende o río Cabril, como se recolle no tratado e amosa o mapa de José de Castro López empregado para a firma do acordo que tivo lugar en Badaxoz, en marzo de 1863.
Ese terreo disputado, que se amosa no mapa[3], afirmaba o historiador José Lamela Bautista, que era o que máis problemas lle causaba aos dous reinos, polo que había que establecer uns lindes definitivos que fosen respectados por ambas as partes.
Galería
Panorámica de Ludeiros
Ludeiros dende o Cancelo
Ludeiros casas do cabo do lugar
Ludeiros casas de A Veiga
Canastros do Cancelo
Canastros do Cancelo
Capela de San Pedro
Capela de San Pedro
Ludeiros dende o Outeiro Rubio
Canastro de Aceredo, salvado do asolagamento polo encoro de Lindoso, agora na aldea de Ludeiros no concello de Lobios