Lucía Martín González, nada o 15 de xaneiro de 1979 en Lugo, é unha enxeñeira e política galega, deputada do Congreso dos Deputados na XI lexislatura.
Traxectoria
Licenciada en enxeñaría química, ten estudos de doutoramento en Ciencias Ambientais. Traballou na inspección de plantas de tratamento de residuos e estudando os procesos biolóxicos para eliminar contaminantes do medio ambiente. Radicada en Terrassa, participou en actividades reivindicativas no Ateneu Candela.[1]
En 2009, formou parte do grupo impulsor da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, onde contactou con Ada Colau, formando parte do seu equipo en Barcelona en Comú para as eleccións municipais de España de 2015.[2] Nas eleccións xerais de 2015 e 2016, foi elixida deputada por Barcelona na coalición En Comú Podem.[3]
Notas