Viaxou a Santo Domingo en 1502, onde foi nomeado xuíz. En 1520 a Audiencia Real de Santo Domingo enviouno a Cuba para facer desistir a Diego Velázquez de Cuéllar do envío da expedición de Pánfilo de Narváez; os seus intentos foron infructuosos e dirixiuse a Santiago de Cuba para acadar a Narváez. Ao no lograr convencerle, e como tiña barco da súa propiedade, viaxou a México tras el, onde tratou sen éxito de negociar un acordo entre Hernán Cortés e o propio Pánfilo de Narváez.[1]
En 1526, tras recibir do emperador Carlos dereitos sobre as terras descubertas, organizou unha expedición de 600 persoas para colonizar a costa do actual estado de Virxinia, onde fundou San Miguel de Guadalupe, primeira colonia europea en Norteamérica.
A colonia estaba preto da actual baía de Chesapeake, que Vázquez de Ayllón chamou baía Santa María, non lonxe da actual Jamestown. Ayllón traía escravos negros para traballar as terras (esta foi a primeira ocasión na que os africanos chegaron a Norteamérica). Aproveitando as disputas políticas entre os colonizadores, os escravos rebelaronse e fuxiron cara ao interior, onde probablemente mezcláronse cos nativos americanos.
Ao non atopar indios locais cos que realizar troco de alimentos, tras tres meses Vázquez de Ayllón levantou o asentamento e puso rumbo ao sur, cara á illa de A Española. Dos 600 homes só retornaron 150, que dixeron que sufriran carencias, fame, enfermidades e ataques dos indíxenas locais. Estes afirmaron que Vázquez de Ayllón finara en brazos dun freiredominico e fora botado ao mar [2].
Notas
↑THOMAS, Hugh (1993). La conquista de México, el encuentro de dos mundos, el choque de dos imperios, caps. 24–25. México, ed. Planeta, ISBN 970-690-163-9