Loureda, Arteixo

Loureda
Igrexa de Santa María de Loureda.
ConcelloArteixo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′35″N 8°29′22″O / 43.293, -8.4895
Área15 km²
Poboación1.612 hab. (2016)
Densidade107,47 hab./km²
Entidades de poboación27[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Patrimonio

Mapa do couto de Loureda incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

Festas

A festa patronal de Loureda é a Nosa Señora, o 15 de agosto. No mes de xuño tamén se celebra o Corpus e, o día 13, Santo Antón. O 16 de xullo festéxase a Virxe do Carme.

Gastronomía

En 1921 Uxío Carré Aldao fala en El Ideal Gallego da elaboración dun tipo de pan grande e de forma piramidal chamado Arteixana que se facía con broa e que se condimentaba e vendía no lugar do Foxo.[3] A tradición de produción de pan continúa hoxe, e desde 1975, no lugar de Mins, coa elaboración de moletes e bolas cocidos en forno de leña.[4]

Tradicións

O historiador arteixán Xabier Maceiras documentou a existencia do xogo tradicional chamado Os paquetes, que se iniciou na desaparecida taberna Casa Trigo do Foxo e que se continúa celebrando hoxe no Igrexario[5].

Lugares e parroquias

Lugares de Loureda

Lugares da parroquia de Loureda no concello de Arteixo (A Coruña)

Allán | O Atín | Balai | As Barreiras | Cal do Pazo | Campiño | Cancelo | Carril | As Casas Novas | Ervedíns | Fortesende | O Foxo | O Igrexario | Lama Má | Os Laranxos | Loureda | Manoi | Marciñado | Mins | A Ponte do Va | A Queira | Quintán | As Rañeiras | A Rapa | Regocheo | A Rocheira | Santa Locaia | Tis | Val

Parroquias de Arteixo

As trece parroquias que conforman o concello de Arteixo.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arteixo

Armentón (San Pedro) | Arteixo (Santiago) | Barrañán (San Xián) | Chamín (Santaia) | Lañas (Santa Mariña) | Larín (Santo Estevo) | Loureda (Santa María) | Monteagudo (San Tomé) | Morás (Santo Estevo) | Oseiro (San Tirso) | Pastoriza (Santa María) | Sorrizo (San Pedro) | Suevos (San Martiño)

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "El PGOM larachés cataloga y protege un menhir en los montes de Erboedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-03-13. Consultado o 2018-03-28. 
  3. Maceiras, Xabier (xoves, 21 de setembro de 2017). "A taberna Casa Trigo do Foxo". Crónicas de Arteixo. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  4. "Cuando el pan sabe antiguo". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-06-06. Consultado o 2018-03-28. 
  5. Maceiras, Xabier (venres, 8 de setembro de 2017). "O xogo dos paquetes da parroquia de Loureda". Crónicas de Arteixo. Consultado o 2018-03-28. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!