Lou Roy-Lecollinet, nada en Neuilly-sur-Seine o 1 de agosto de 1996, é unha actriz francesa.
Traxectoria
Deuse a coñecer despois de que Arnaud Desplechin a escollese para o seu filme Trois souvenirs de ma jeunesse onde encarna o papel de Esther e que lle reportou un nomeamento ós Premios Cesar da Academia Francesa de Cinema[1].
Filmografía
- Trois souvenirs de ma jeunesse (Arnaud Desplechin, 2015; como Esther)
- Jeunesse (Shanti Masud, 2015)
- La Tortue(Thomas Blumenthal e Roman Dopouridis, 2016; curtametraxe; como Julie)
- Petit Homme (Nathanaël Guedj, 2016; curtametraxe; como Nat)
- Aurore (Blandine Lenoir, 2017; como Lucie)
Notas