Lohengrin Filipello, nado c. 1918 e finado o 29 de decembro de 1993, foi un presentador da televisión de Suíza.
Traxectoria
En 1956 presentou para toda Europa a primeira edición do Festival da Canción de Eurovisión, celebrada en Lugano (Suíza). Tamén foi o único presentador masculino que presentaba o festival ata que a edición de 1978 a co-presentou Léon Zitrone, e Filipello continúa sendo o seu único presentador masculino en solitario.[1] Posteriormente, Filipello seguiu involucrado no Festival de Eurovisión, xa que presentou as finais nacionais de Suíza en 1961 e 1967 para seleccionar cantante e canción para Eurovisión.
Morreu o 29 de decembro de 1993 aos 75 anos de idade.
Notas