Alma de cabalo: dise dunha persoa que fai o mal sen sentir escrúpulos [4].
Andar polos pés dos cabalos: dise das cousas que son tan baratas que ninguén as aprecia.
Arrancada de cabalo e parada de burro: dise dos que acometen un traballo con moito ímpeto para abandonalo ó pouco.
Bailar como un cabalo: dise da muller que brinca máis do debido ó bailar.
Bate-lo cabalo: ferilo coas esporas para que apure máis.
Cabalo de batalla: o punto principal dunha controversia, o argumento principal que se repite continuamente [2][5].
Caer/ cair da súa besta en baixo: Facerse cargo dunha cousa e ceder ante quen sostén o contrario, recoñecendo o erro [6].
Camiño de ferradura: dise do camiño que resulta apto para andar a cabalo pero non para carros.
Coma o cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido: dise de quen é tratado mal, que non se lle dá nada pero que se lle esixe moito.
Como poldros: dise das persoas inquietas, nada xuízosas, especialmente dos rapaces [7].
Dar unha no cravo e outra na ferradura.
Ergue-los candeeiros: bota-las cabalarías as patas traseiras por alto para dar couces.
Estar a dente como egua galega: pasar fame e penalidades.
Ida sen volta, coma os poldros á feira.
Levar ás cabaliñas/ ó cabalete: levar sobre os ombros.
No cabalo de san Francisco: a pé; corre cos verbos andar, ir, etc.[2].
Non deixarse ferrar sen aceal: dise do que non obedece, ou das mozas que non se deixan meter man.
Non ser besta cega: dise de quen non ten un pelo de parvo [8].
Ó cabaleiro, ó cabaliño: ver a cabaleiro.
Ollos de cabalo: ollos saíntes e empenados.
Pasar de cabalo regalado a cabalo barrufeiro: dise cando se cae da prosperidade á desgraza [2].
Pasar [algo a alguén] por vez coma o fachuco ao cabalo: pasar unha cousa por outra sen que valla o mesmo, servir unha cousa por outra, conformarse cunha cousa peor da que se esperaba.
Sempre foi un besta!: dise de quen é un groseiro, rudo, burrán [8].
Ser unha besta negra: dise da persoa ou cousa que constitúe a principal dificultade para algo [9].
Ser máis besta que un burro: indica a ignorancia en grado sumo.
Ser unha besta brava/ ser unha besta do monte: dise da persoa groseira e ruda.
Ser unha moza como unha poldra.
Sopas de cabalo canso/cansado: pan mollado en viño, xeralmente tinto.
Ter forza coma un cabalo.
Ter un cabalo no pescozo: sufrir unha contractura no pescozo [10]. Tamén, ter un cabaleiro.