Lobos de Arga é un filme español de comedia e terror protagonizada por Gorka Otxoa e dirixida por Juan Martínez Moreno, con localizacións en Galicia. Estreouse en galego na TVG o 14 de abril de 2014.[1]
Sinopse
No ano 1910 a Marquesa dos Mariño de Arga (Galicia) recibiu unha maldición dunha xitana sentenciada a morte pola propia marquesa. Cando o seu fillo varón cumpra 10 anos converterase nun lobishome, ademais de que os veciños tamén se converterán unha vez cada 100 anos.
Un século despois, o último descendente dos Mariño, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor mediocre, regresa á súa aldea para recibir unha homenaxe sen saber que a "honra" é ser sacrificado nun ritual no que debe alimentar á besta co seu propio sangue para acabar coa maldición.
Personaxes
Produción
É unha coprodución de Vaca Films e Telespan 2000, na que participou tamén a TVG. Rodouse durante nove semanas entre Galicia e Madrid e contou cun orzamento de 5 millóns de euros, dos que unha boa parte se destinou ós efectos especiais, maquillaxe e caracterizacións.[2]
Galardóns e nomeamentos
- 2011: Premio do Público á mellor longametraxe da Semana de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián.
- 2012: Premio do Público no Dead by Dawn Horror Film Festival (Escocia).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas