Lo que escondían sus ojos é unha miniserie de televisión baseada na novela homónima de Nieves Herrero Cerezo, que recrea unha historia de amor entre o ministro franquista Ramón Serrano Suñer e a Marquesa de Llanzol, que se converteu nun escándalo nos círculos sociais máis exclusivos da sociedade do momento e que non chegou a transcender á opinión pública.[1]
Producida por Mediaset España para a cadea española Telecinco que foi emitida entre o 22 de novembro e o 20 de decembro de 2016 e está protagonizada por Blanca Suárez e Rubén Cortada.
Sinopse
A marquesa de Llanzol (Blanca Suárez), unha muller avanzada ao seu tempo que o tiña todo -beleza, riqueza e posición social- e Ramón Serrano Suñer (Rubén Cortada), cuñado de Francisco Franco, ministro de Asuntos Exteriores e un dos homes fortes do Réxime franquista, namoráronse e viviron un romance clandestino na España da posguerra, unha época na que a Guerra civil española devastara o país e na que nazis e aliados buscaban o apoio da nación nos albores da segunda guerra mundial.[2]
Personaxes
Episodios e audiencias
N.º (serie)
|
N.º (temp.)
|
Título
|
Director (es)
|
Data de emisión
|
Audiencia
|
1 | 1 |
"Dos mundos opuestos" | Salvador Calvo | 22 de novembro de 2016 | 3 348 000 (19,3%) |
2 | 1 |
"A corazón abierto" | Salvador Calvo | 29 de novembro de 2016 | 3 213 000 (18,7%) |
3 | 1 |
"Un secretos a voces" | | 13 de decembro de 2016 | |
4 | 1 |
"El mundo en nuestra contra" | | 20 de decembro de 2016 | |
Crítica
A serie foi criticada tanto por quen considera que banaliza os crimes cometidos baixo o Réxime franquista como polo escaso rigor histórico.[3]
L'Amical Mauthausen considera que a miniserie constitúe "unha ofensa directa ás vítimas do franquismo e do nazismo e aos seus familiares". Nunha nota de prensa calculan que "uns 5.500 republicanos españois, homes, mulleres e nenos, non saíron xamais dos campos de concentración. 5.500 mortes que son responsabilidade directa de Serrano Suñer".[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas