Lista de episodios de Lost

Lost é unha serie de televisión que se estreou o 22 de setembro de 2004, na cadea estadounidense ABC. Até o momento foron transmitidas cinco tempadas, ademais de numerosos vídeos de recompilación de anteriores episodios. A ABC anunciou que poñerá fin á serie despois da súa sexta tempada, o que fará que remate con 120 episodios en total. A seguinte é unha completa lista de episodios dos episodios da serie televisiva, a cal empezou a emitirse orixinalmente o 22 de setembro de 2004. Cada episodio presenta a acción xeral na illa, así como flashbacks ou flashforwards a outro punto na vida dun personaxe.

As catro primeiras tempadas están dispoñíbeis en DVD nas rexións 1, 2 e 4.

Tempadas

Tempada Episodios Data orixinal de emisión
1 24[1] 20042005
2 23[1] 20052006
3 22[1] 20062007
4 14[1] 2008
5 17[2] 2009

Primeira tempada

Artigo principal: Lost (tempada 1).

A primeira tempada transmitiuse (en Estados Unidos) entre o 22 de setembro de 2004 e o 25 de maio de 2005. Ademais dos vinte e cinco episodios normais da tempada, houbo un especial, "Lost: A Viaxe", transmitido o 27 de abril de 2007, para poñer os misterios da illa e os personaxes en perspectiva antes de terminar a tempada.

A tempada un comeza cando se produce un accidente aéreo, onde os sobreviventes do voo 815 de Oceanic teñen que estar nunha illa deserta aparentemente abandonada, forzando ao grupo de estranxeiros traballar xuntos para permanecer con vida. Con todo, a súa supervivencia é ameazada por varios misterios, incluíndo o contido dun zapón enterrado na terra, un tipo de "monstro" que vaga pola illa e os nativos habitantes da illa coñecidos como "Os Outros". A primeira tempada transcorre en 44 días.

# Título Dirixido por Escrito por Personaxe/s central/is Data de emisión Código
1 "Pilot, Part 1"
"Piloto (1ª parte)"
J. J. AbramsGuión: J. J. Abrams e Damon Lindelof
Historia: Jeffrey Lieber, J. J. Abrams e Damon Lindelof
Jack22 de setembro de 2004101

O voo 815 da compañía Oceanic Airlines, que facía o traxecto de Sydney a Los Angeles, atópase con turbulencias e pártese en dous no aire, caendo nunha illa deserta tropical no Pacífico Sur. Corenta e oito persoas conseguen sobrevivir á catástrofe. Desde a selva chegan ruxidos misteriosos e vese como caen algunhas árbores. Jack, Kate e Charlie introdúcense na selva para atopar a cabina do avión e así poder emitir un sinal de socorro desde o transceptor da nave. Nela, dan co copiloto, que sobrevivira ao accidente, quen os informa de que o avión se desviara miles de millas do seu camiño antes de se estrelar, de xeito que os posibles rescatadores irían procurar ao lugar equivocado. O copiloto é entón asasinado por un "monstro" que non se ve. Mediante un flashback, vese a Jack no avión. 

2 "Pilot, Part 2"
"Piloto (2ª parte)"
J. J. AbramsGuión: J. J. Abrams e Damon Lindelof
Historia: Jeffrey Lieber, J. J. Abrams e Damon Lindelof
Charlie e Kate29 de setembro de 2004102

Kate, Sayid, Sawyer, Charlie, Shannon e Boone saen en expedición para levar o transceptor a un lugar da illa máis alto para conseguir unha mellor cobertura. Durante a misión son atacados por un oso polar ao que Sawyer mata dun disparo. Ao enviar o sinal de socorro, este vese bloqueado polo sinal doutra mensaxe dunha muller francesa que se leva repetindo desde había dezaseis anos. De volta na praia, un policía federal esperta durante unha operación para curar as súas feridas e pregúntalle a Jack por Kate, quen, nun flashback, está escoltada polo policía no avión. Noutro flashback, vese que Charlie puido subir unha pequena bolsiña de heroína ao avión. 

3 "Tabula Rasa"
"Tabula Rasa"
Jack BenderDamon LindelofKate6 de outubro de 2004103

Jack descobre o pasado de Kate como fuxitiva. A partida que saíra a enviar o sinal regresa, pero decide non contar aos demais a outra transmisión. Finalmente, o policía federal acaba por morrer. Nos flashbacks vese a vida de Kate nunha granxa australiana, ata que é capturada polo policía. 

4 "Walkabout"
"Expedición"
Jack BenderDavid FuryLocke13 de outubro de 2004104

Os superviventes queiman a fuselaxe, ateigada de corpos en descomposición, despois de ser atacados por un grupo de xabarís salvaxes. Locke ofrécese como voluntario para cazalos unha vez que se acabou a comida do avión. Na súa expedición atópase co monstro, pero non llo conta a ninguén. Por outra banda, nos flashbacks revélase que el antes ía en cadeira de rodas, pero sandara ao espertar na illa. 

5 "White Rabbit"
"O coello branco"
Kevin HooksChristian TaylorJack20 de outubro de 2004105

Boone rouba e agocha as existencias cada vez menores de auga nun intento de axudar a que non se esgoten as reservas, pero o grupo vólvese contra el ao descubrilo. Deshidratado e tras moito tempo sen durmir, Jack descobre unhas covas con auga mentres persegue polo bosque o que semello o seu pai morto. Finalmente, Jack toma o papel de líder. Nos flashbacks, o médico vai ata Australia para recuperar o cadáver do seu pai. 

6 "House of the Rising Sun"
"A casa do sol nacente"
Michael ZinbergJavier Grillo-MarxuachSun27 de outubro de 2004106

Algúns dos superviventes múdanse ás covas, mentres que outros quedan na praia. Locke decátase da drogadicción de Charlie e intercambia a heroína pola súa guitarra. Jin ataca a Michael e este último descobre que Sun pode falar inglés, á parte de coreano, mais o seu marido non o sabe. Nos flashbacks vese que Jin debe traballar para o pai de Sun se quere pedirlle matrimonio. Unha noite, despois da voda, Jin volve á casa cuberto de sangue. 

7 "The Moth"
"A couza"
Jack BenderJennifer Johnson e Paul DiniCharlie3 de novembro de 2004107

Locke axuda a Charlie co seu problema de drogadicción. Charlie arrisca a súa vida para salvar a Jack, que quedara atrapado nas covas. Mentres tanto, Sayid intenta triangular a transmisión francesa. Nos flashbacks o irmán de Charlie, Liam, engánchao á heroína á vez que lideran a súa banda, DriveSHAFT. 

8 "Confidence Man"
"Home de confianza"
Tucker GatesDamon LindelofSawyer10 de novembro de 2004108

Sayid vese na obriga de torturar a Sawyer por non entregar os inhaladores de asma que recollera dos restos. Non obstante, Sawyer revélalle a Kate que el non os ten. Kate tamén descobre, lendo unha carta que Sawyer sempre leva consigo, que o nome "Sawyer" é un pseudónimo. Cando el era mozo, un home coñecido como Sawyer estafara e violara a súa nai, asasinada despois polo seu marido, quen tamén se suicidou. Nos flashbacks, Sawyer intenta estafar unha parella, pero abandona o cometido ao saber que teñen un fillo. 

9 "Solitary"
"Solitario"
Greg YaitanesDavid FurySayid17 de novembro de 2004109

Na exploración da illa, Sayid atopa un cable que vén do océano e que se adentra no bosque. Ao seguilo, Rousseau, a muller francesa que enviaba o sinal de socorro desde había dezaseis anos, toma prisioneiro a Sayid. Ela cóntalle que formaba parte dun equipo de científicos que fora parar á illa por accidente. Identifica a xente que habita na illa coma os "Outros", e dille que eles portan unha enfermidade que por mor deles contraeron os seus compañeiros. Tamén lle comenta que susurran no bosque. Finalmente, Sayid consegue escapar, pero ao intentar retornar ao campamento escoita os rumoreos dos que lle falara a francesa. Nos flashbacks, descóbrese o pasado de Sayid como torturador da garda republicana de Iraq, e ten a tarefa de torturar a Nadia, amiga da infancia. Malia a orde dos superiores de Sayid de executar a Nadia, el axúdaa a escapar. 

10 "Raised by Another"
"Criado por outro"
Marita GrabiakLynne E. LittClaire1 de novembro de 2004110

Sayid chega ata o campamento e cóntalles aos demais o que lle aconteceu con Rousseau e que hai outra xente na illa. Claire esperta berrando dúas noites por causa dos pesadelos que sofre. Insiste en que o seu fillo está en perigo xa que alguén a raptara e acoitelara no estómago nos seus soños. Isto persuade a Hurley e realiza un censo dos superviventes coa axuda da lista de pasaxeiros do voo. Grazas e el descobre que Ethan non ía no avión. Nos flashbacks, Claire vese abandonada polo seu noivo tras deixala embarazada. Acode a un médium que lle di que o seu bebé non pode ser criado por outra persoa máis ca ela. 

11 "All the Best Cowboys Have Daddy Issues"
"Tódolos vaqueiros teñen problemas cos seus pais"
Stephen WilliamsJavier Grillo-MarxuachJack8 de decembro de 2004111

Tralo secuestro de Charlie e Claire por parte de Ethan, Jack, Kate, Locke e Boone van na súa busca. Jack dá con Ethan, quen o advirte de que un dos reféns morrerá se continúa a persecución. Máis tarde, Jack e Kate atopan a Charlie colgado polo pescozo da póla dunha árbore. Despois de reanimalo, Charlie volve á vida. Mentres tanto, Boone e mais Locke achan un anaco de metal enterrado no bosque. Nos flashbacks, Jack confesa aos seus xefes que o seu pai operara pacientes baixo as influencias do alcol. 

12 "Whatever the Case May Be"
"En calquera caso"
Jack BenderDamon Lindelof e Jennifer JohnsonKate5 de xaneiro de 2005112

Nadando nunha lagoa, Kate encontra o maletín do policía que a custodiaba. Jack accede a axudala a abrir a caixa se lle ensina o que contén. No interior hai pistolas e un avión de xoguete. Kate comenta que o xoguete pertencera ao home que amara e matara. Os flashbacks mostran a Kate atracando un banco co obxectivo de recuperar ese avión. 

13 "Hearts and Minds"
"Corazón e mente"
Rod HolcombCarlton Cuse e Javier Grillo-MarxuachBoone12 de xaneiro de 2005113

Por unha banda, a relación de Shannon con Sayid faise máis estreita. Pola outra, Locke e Boone intentar abrir o zapón que atoparan. Boone quérelle contar a Shanon da existencia dese zapón, pero Locke adminístralle unha droga que o fai alucinar e que o leva por unha viaxe mental que permite que deixe de lado a súa irmá. Nos flashbacks, Boone intenta librar a Shannon do seu noivo abusivo. Finalmente Boone decátase de que fora un engano perpetrado por Shannon para deitarse con el. 

14 "Special"
"Especial"
Greg YaitanesDavid FuryMichael e Walt19 de xaneiro de 2005114

Michael castiga a Walt despois de que o neno estivese practicando lanzamento de coitelos con Locke, e pídelle axuda para buscar entre os cascallos o material necesario para construír unha balsa.Walt escapa e un oso polar perségueo polo bosque. Michael arrisca a súa vida para salvar o seu fillo e reconcílianse. Locke e Boone atopan a Claire berrando no bosque. Os flashbacks mostran que cando Walt tiña tan só uns meses, a súa nai aceptara un traballo en Ámsterdan e levara consigo o seu bebé. Máis tarde ela casou cun compañeiro de traballo chamado Brian e non deixou que Michael falase con Walt. Anos deispois, Susan morre e Brian non quere a custodia de Walt porque o neno é "diferente". 

15 "Homecoming"
Regreso a casa
Kevin HooksDamon LindelofCharlie9 de febreiro de 2005115

Claire volve estar entre os superviventes, pero perdeu a memoria e non recorda nada do voo. Ethan enfróntase a Charlie cando intenta raptar a Claire de novo. Coas pistolas do maletín do policía e Claire como cebo, Jack, Kate, Locke, Sayid e Sawyer dispoñen unha trampa e capturan a Ethan. Malia que o plan era mantar a Ethan con vida, un rancoroso Charlie mátao dun tiro. Nos flashbacks, Charlie intenta gañar diñeiro para gastalo en drogas roubándollo a unha moza rica. 

16 "Outlaws"
"Fuxitivo"
Jack BenderDrew GoddardSawyer16 de febreiro de 2005116

Un soño mostra o asasinato e mais o suicidio dos pais de Sawyer. Un xabaril espértao na súa tenda e obsesiónase con atopar o animal que irrompera no seu lugar de descanso. Adéntrase no bosque con Kate, pero non mata o xabaril cando dá con el. Entrégalle a arma a Jack, quen agora ten todas as pistolas metidas no maletín. Nos flashbacks, Sawyer persegue, en Australia, o home que cre arruinou a súa vida. Cando o mata dun disparo, descobre que en realidade asasinara o home equivocado. Xa na illa, dáse de conta de que na súa viaxe a Australia tivera unha pequena conversa co pai de Jack, pero non llo di. 

17 "...In Translation"
"...na tradución"
Tucker GatesJavier Grillo-Marxuach e Leonard DickJin23 de febreiro de 2005117

Cando Jin é culpado de queimar a balsa, Sun debe revelar o seu segredo aos demais superviventes. A relación entre Sayid e Shannon comeza a florecer. 

18 "Numbers"
Números
Dan AttiasBrent Fletcher e David FuryHurley2 de marzo de 2005118

Hurley vai buscar a Danielle cando recoñece unha serie de números que ela escribiu, aparentemente, facendo que Jack, Sayid e Charlie vaian tras el. Locke pídelle axuda a Claire para construír un obxecto descoñecido. 

19 "Deus Ex Machina"
Deus ex máchina
Robert MandelCarlton Cuse e Damon LindelofLocke30 de marzo de 2005119

A visión de Locke envíao a el e a Boone á selva para buscar unha forma de abrir o zapón, levándoo a fatais consecuencias. Kate pídelle a Jack por axuda para Sawyer coas súas dores de cabeza. 

20 "Do No Harm"
Non facer dano
Stephen WilliamsJanet TamaroJack6 de abril de 2005120

Mentres Jack intenta salvar a vida de Boone, Claire dá a luz, forzando a Kate a actuar como matrona. Sayid sorprende a Shannon cun dato romántico da praia. 

21 "The Greater Good"
O ben común
David GrossmanLeonard DickSayid4 de maio de 2005121

Locke aparece no funeral de Boone, aumentando a tensión entre Jack e el. Shannon pregúntalle a Sayid para vingarse pola morte do seu irmán, forzándoo a decidir entre o seu amor ou as súas morais. 

22 "Born to Run"
Nacida para correr
Tucker GatesGuión: Edward Kitsis e Adam Horowitz
Historia: Javier Grillo-Marxuach
Kate11 de maio de 2005122

Cando Michael cae doente por envelenamento, todos sospeitan de Kate. Locke móstralle o zapón a Jack e a Sayid, quen teñen xeitos diferentes de decidir que facer con ela. 

23 "Exodus, Part 1"
Éxodo (1ª parte)
Jack BenderDamon Lindelof e Carlton CuseVarios18 de maio de 2005123

Rousseau advírtelle aos supervivientes acerca de que "Os Outros" virán ao seu campamento, levando ao grupo a crer que o zapón é o lugar máis seguro para quedar. A balsa está lista para levantar áncora. 

24/25 "Exodus, Part 2"
Éxodo (2ª parte)
Jack BenderDamon Lindelof e Carlton CuseVarios25 de maio de 2005124/125

Jack, Kate, Hurley, e Locke arrepíntense ao intento de estoupar o zapón para abrila. Danielle secuestra o bebé de Claire, facendo que Charlie e Sayid vaian tras ela. Os supervivientes da balsa atopan algo no mar. Jack, Locke, Kate e Hurley están detrás da Roca Negra e explotan o zapón, conseguindo abrila. 


Segunda tempada

Artigo principal: Lost (tempada 2).

A tempada dúas transmitiuse (en Estados Unidos) entre o 21 de setembro de 2005 e o 24 de maio de 2006. Ademais dos vinte e catro episodios normais da tempada, houbo tres especiais, que foron transmitidos para proporcionar os misterios da illa. Houbo varios cambios no elenco na tempada dúas. Ian Somerhalder, que interpretou a Boone, só apareceu nun episodio, mentres que Malcolm David Kelley, que interpreta a Walt, só apareceu en catro episodios. Michelle Rodríguez, Adewale Akinnuoye-Agbaje e Cynthia Watros uníronse ao elenco principal como Ana Lucía, Sr. Eko e Libby, respectivamente.

A tempada dúas introduciu novos personaxes á serie, que inclúen aos sobreviventes da sección da cola do avión e aos outros habitantes da illa. Máis mitoloxías e penetracións da illa na vida dos sobreviventes divúlganse. A existencia da Iniciativa DHARMA e do seu benefactor, a Fundación Hanso, tamén se introducen. A verdade sobre "Os Outros" comeza a ser relevada. A segunda tempada ocorre en 23 días.

# Título Director/es Personaxe/s central/is Data de emisión Código
26 "Man of Science, man of Faith"
Home de ciencia, home de fe
Jack BenderJack21 de setembro de 2005201

Cando Jack, Kate e Locke investigan o zapón aberto, atopan un home que vivía dentro dela, quen cre que eles son alguén máis. Shannon ten un misterioso encontro na selva. 

27 "Adrift"
Á deriva
Stephen WilliamsMichael28 de setembro de 2005202

Michael e Sawyer (quen está lesionado) tratan de sobrevivir ao perigo do océano, mentres non poden atopar a Jin e Walt por ningures. O misterio do zapón resólvese. 

28 "Orientation"
Orientación
Jack BenderLocke5 de outubro de 2005203

Jack e Locke descobren o propósito do zapón. Michael, Sawyer, e Jin son capturados por persoas que cren que son "Os Outros". 

29 "Everybody Hates Hugo"
Todos odian a Hugo
Alan TaylorHurley12 de outubro de 2005204

Hurley sofre dificultades cunha tarefa asignada ao interior do zapón. Michael, Sawyer e Jin descobren que os seus captadores son en efecto outros sobreviventes do voo 815 de Oceanic. 

30 "...And Found"
...E atopados
Stephen WilliamsJin e Sun19 de outubro de 2005205

Jin e Eko continúan a procura de Michael que se foi en busca de Walt. Preocupada pola vida do seu esposo, Sun busca o seu anel de compromiso que perdeu. 

31 "Abandoned"
Abandonados
Adam DavidsonShannon9 de novembro de 2005206

Shannon ve a Walt pola illa en repetidas ocasións e comeza a buscalo. Con Sawyer preto da morte, Ana Lucía e o grupo da cola do avión chegan ao campamento dos outros sobreviventes. 

32 "The Other 48 Days"
Os outros 48 día
Eric LaneuvilleSobreviventes da sección da cola16 de novembro de 2005207

Os 48 días despois do accidente son narrados de novo desde o punto de vista dos sobreviventes da zona da cola do avión, que foron atacados repetidamente polos outros

33 "Collision"
Colisión
Stephen WilliamsAna Lucía23 de novembro de 2005208

A chegada dos outros sobreviventes ao campamento finalmente prodúcese pero por un malentendido todo acaba nunha traxedia. 

34 "What Kate did"
O que fixo Kate
Paul EdwardsKate30 de novembro de 2005209

Kate pensa que se está volvendo tola mentres atende a un ferido Sawyer. Locke e Eko descobren máis sobre Dharma, e Michael recibe unha inesperada mensaxe no computador. 

35 "The 23rd Psalm"
O Salmo 23
Matt Earl BeesleyEko11 de xaneiro de 2006210

Eko pídelle a Charlie que lle guía ata o aeroplano que transportaba droga. Claire perde a confianza nel ao descubrirse que seguía ocultando droga. 

36 "The Hunting Party"
A festa da cazaría
Stephen WilliamsJack18 de xaneiro de 2006211

Michael abandona aos sobreviventes para ir en busca do seu fillo. Jack, Locke e Sawyer perségueno, pero atopan unha sorpresa inesperada na xungla. 

37 "Fire + Water"
Lume + Auga
Jack BenderCharlie25 de xaneiro de 2006212

Charlie soña que a vida de Aaron periga, e que só o bautismo pode salvalo. Por outra banda, Sawyer axuda a Hurley na súa relación con Libby. 

38 "The Long con"
A gran estafa
Roxann DawsonSawyer8 de febreiro de 2006213

Cando Sun é atacada, a tensión entre os sobreviventes acentúase e xorde unha loita interna polo control das armas. 

39 "One of Them"
Un deles
Stephen WilliamsSayid15 de febreiro de 2006214

Rousseau atopa na selva a un home que parece ser un Outro. Locke e Sayid póñense de acordo para tentar sacarlle información, mais todo acaba nunha macabra tortura. 

40 "Maternity Leave"
Abandono Materno
Jack BenderClaire1 de marzo de 2006215

Cando Aaron ponse enfermo, Claire, xunto con Kate e Rousseau, vai en busca do lugar onde ela foi levada durante o seu secuestro para buscar medicamentos. Jack e Locke discuten sobre o que deben facer co seu prisioneiro. 

41 "The Whole Truth"
Toda a verdade
Karen GaviolaSun22 de marzo de 2006216

Sun cre que pode estar embarazada. Ana Lucía parte con Sayid en busca do suposto globo que apoiaría a coartada de Henry Gale, o prisioneiro. 

42 "Lockdown"
Pechados
Stephen WilliamsLocke29 de marzo de 2006217

Cando o zapón entra en estado de alerta repentinamente, Locke é atrapado por unha comporta e só Henry pode pulsar as teclas. A procura do globo finaliza con sorprendentes resultados. 

43 "Dave"
Dave
Jack BenderHurley5 de abril de 2006218

Hurley sofre alucinacións que lle fan comer e comer, e mesmo tentar suicidarse, e é axudada por Libby a superalas. Locke comeza a ter dúbidas sobre o funcionamento do zapón. 

44 "S.O.S."
S.O.S.
Eric LaneuvilleRose e Bernard12 de abril de 2006219

Rose está oposta completamente ao plan de Bernard de crear un xigantesco sinal de SOS. Jack e Kate parten para negociar sobre a devolución de Henry a cambio de Walt. 

45 "Two for the Road"
Dous no camiño
Paul EdwardsAna Lucía3 de maio de 2006220

Jack e Kate transportan a un exhausto Michael ao campamento, quen dá noticias sobre a realidade d'Os Outros. Ana Lucía é atacada por Henry Gale e pensa en matalo, e Hurley prepara a súa cita con Libby. 

46 "?"
?
Deran SarafianEko10 de maio de 2006221

O Sr. Eko pídelle axuda a Locke para atopar un lugar secreto, o cal el cre, ten todas as respostas aos misterios da illa. Mentres tanto, Jack e os outros sobreviventes tentan arranxarllas coa terrible situación no zapón. 

47 "Three Minutes"
Tres minutos
Stephen WilliamsMichael17 de maio de 2006222

Michel está determinado e convence a Jack e a varios sobreviventes de que o axuden a rescatar a Walt d'Os Outros. Mentres tanto, Charlie lida coa decisión de Eko de deixar a construción da igrexa. Ao mesmo tempo haberá unha resposta á pregunta de onde estivo Michael e unha resolución para el e Walt. 

48/49 "Live Together, Die Alone"
Vivir xuntos, morrer sós
Jack BenderDesmond24 de maio de 2006223/224

Logo de descubrir algo moi estraño na costa, a Jack e a Sayid ocórreselles un plan para confrontar a "Os Outros". Eko e Locke peléxanse debido á decisión de Locke con respecto ao "botón" e ao zapón. Desmond regresa e trae algo máis de luz acerca da experiencia del na illa nos últimos tres anos. Jack, Kate, Sawyer e Hurley son atrapados por "Os Outros", o zapón explota e ocorre unha gran descarga. 

Terceira tempada

Artigo principal: Lost (tempada 3).

A tempada tres comezouse a transmitir (en Estados Unidos) o 4 de outubro de 2006. Houbo vinte e tres episodios transmitidos en dous bloques. O primeiro bloque consistiu en seis episodios e transmitiuse por seis semanas consecutivas. Despois de que unha rotura de doce semanas, o segundo bloque transmitiría, e ofrecería, os dezasetes episodios restantes. Ademais dos vinte e tres episodios normais da tempada, houbo tres especiais. "Lost: A Tale of Survival" transmitida unha semana antes da estrea, e "Lost Survivor Guide" transmitido xunto co episodio sete, cando a tempada volveu da súa rotura de doce semanas, e finalmente "Lost: The Answers" antes do remate.

Harold Perrineau, Maggie Grace, Michelle Rodríguez, e Cynthia Watros, que interpretaron a Michael, Shannon, Ana Lucía, e Libby, respectivamente, abandonaron o elenco, mentres que Michael Emerson como Ben e Henry Ian Cusick como Desmond fixéronse membros regulares. Elizabeth Mitchell uniuse o elenco principal como Juliet, ao igual como o fixo Kiele Sanchez e Rodrigo Santoro, como Nikki e Paulo respectivamente.

A tempada tres continúa 67 días despois do accidente. A tempada comeza onde a segunda tempada rematou: tres dos sobreviventes do accidente son mantidos en cativerio polos "Outros". Son reveladas máis historias sobre os Outros, así como da Iniciativa DHARMA. A terceira tempada ocorre en 26 días.

# Título Director/es Personaxe/s central/is Data de emisión Código
50 "A Talle of Two Cities"
Historia de dúas cidades
Jack BenderJack4 de outubro de 2006301

Jack, Kate e Sawyer comezan a descubrir a que se enfrontan como prisioneiros de "Os Outros". 

51 "The Glass Ballerina"
A bailarina de cristal
Paul EdwardsJin e Sun11 de outubro de 2006302

O plan de Sayid de atopar a Jack coloca a Jin e Sun en grave perigo. Mentres, Kate e Sawyer son obrigados polos seus captadores a traballar baixo duras condicións. Ben faille a Jack unha tentadora oferta difícil de rexeitar. 

52 "Further Instructions"
Instrucións adicionais
Paul EdwardsLocke18 de outubro de 2006303

Revélanse os destinos de Locke, Desmond e Eko despois da implosión do zapón. Hurley chega ao campamento contando que ocorreu cando Jack, Kate, Sawyer e el atopáronse con "os Outros". 

53 "Every Man for Himself"
Non te preocupes polos demais
Stephen WilliamsSawyer25 de outubro de 2006304

Sawyer descobre que tan lonxe poden chegar os seus captadores no seu labor de frustrar os seus plans de escape con Kate. Jack é sacado do seu peche coa tarefa de salvarlle a vida a un dos Outros. Mentres, o comportamento de Desmond empeza a confundir aos demais sobreviventes cando empeza a construír un estraño aparello. 

54 "The Cost of Living"
O prezo de vivir
Jack BenderEko1 de novembro de 2006305

Un delirante Eko loita con demos do seu pasado, mentres Locke e outros sobreviventes diríxense á Perla, unha das estacións da Iniciativa DHARMA na illa, coa esperanza de atopar un computador que lles permita localizar a Jack, Kate e Sawyer. Mentres, Jack non sabe en quen confiar cando dous dos Outros discuten entre si. 

55 "I Do"
Fareino
Tucker GatesKate8 de novembro de 2006306

Jack toma unha decisión con respecto á oferta de Ben. Kate non pode facer nada cando Pickett parece disposto a cumprir a súa ameaza de matar a Sawyer, e Locke descobre unha mensaxe secreta que podería axudarlle a desvelar os segredos da illa. 

56 "Not in Portland"
Non en Portland
Stephen WilliamsJuliet7 de febreiro de 2007307

Jack ten na súa man o destino de Ben. Mentres tanto, Kate e Sawyer atopan a un aliado nun dos Outros. Juliet toma unha decisión espantosa que podería pór en perigo a súa "categoría" cos demais. 

57 "Flashes Before Your Eyes"
Refachos ante os teus ollos
Jack BenderDesmond14 de febreiro de 2007308

Hurley ten sospeitas do que pasa con Desmonda e convence a Charlie para investigalo e descubrir o que se atopa de verdade tralos seus misteriosos actos. 

58 "Stranger in a Strange Land"
Estraño en terra estraña
Paris BarclayJack21 de febreiro de 2007309

Un xogo de enerxía sobrevén entre Jack e Os Outros mentres que o futuro de Juliet perde o equilibrio. Mentres tanto, Kate, Sawyer e Karl continúan na súa viaxe, xa lonxe do "Alcatraz". 

59 "Tricia Tanaka Is Dead"
Tricia Tanaka está morta
Eric LaneuvilleHurley28 de febreiro de 2007310

O descubrimento de Hurley dun vello e ruinoso coche na illa condúcelle nunha misión de esperanza non só para el, tamén para un amigo sobrevivente que necesita un pouco de fe, Charlie. Mentres tanto Kate e Sawyer reúnense co resto de sobreviventes, pero Kate sente mal por ter que deixar a Jack con "Os Outros". 

60 "Enter 77"
Inserir 77
Stephen WilliamsSayid7 de marzo de 2007311

Locke, Sayid e Kate investigan unha estraña estrutura e ao seu habitante. Mentres que Sawyer compite nun xogo de ping-pong para recuperar as súas pertenzas. 

61 "Par Avion"
Por avión
Paul EdwardsClaire14 de marzo de 2007312

Claire sospeita de Charlie cando este mostra unha actitude estraña ao presentar ela unha idea para ser rescatados. Prodúcense tensións entre Sayid e Locke mentres planean un modo de rescatar a Jack. Revélase que Claire e Jack son medio irmáns. 

62 "The Man from Tallahassee"
O home de Tallahassee
Jack BenderLocke21 de marzo de 2007313

Ben ofrece a Locke os segredos da illa cando este último está apunto de executar un plan de destrución contra Os Outros ou algo relacionado con eles. Kate descobre que Jack fixo un trato con estes cando finalmente se reúne con el. 

63 "Exposé"
Exposto
Stephen WilliamsNikki e Paulo21 de marzo de 2007314

Nikki e Paulo aparecen mortos en estrañas circunstancias. Sawyer, Hurley, Charlie, Jin e Sun tentan desvelar o misterio. Ao fin, Sun descobre a verdade sobre o seu último secuestro que se supón que foi realizado polos Outros. 

64 "Left Behind"
Abandonado
Karen GaviolaKate4 de abril de 2007315

Kate é forzada a quedar na selva con Juliet. Hurley advírtelle a Sawyer de que deberá cambiar as súas formas de actuar e o seu carácter ou se verá destinado ao desterro. 

65 "One of us"
Un de nós
Jack BenderJuliet11 de abril de 2007316

Finalmente, Jack reúnese cos sobreviventes, pero a alegría tórcese cando o grupo descobre que o doutor está acompañado dun Outro. Mentres, Claire cae enferma. 

66 "Catch-22"
Trampa-22"
Stephen WilliamsDesmond18 de abril de 2007317

Desmond convence a Hurley, Jin e Charlie a que o sigan nunha viaxe pola selva. O flashback revela a Desmond seguindo o "camiño de Deus". Mentres tanto unha desanimada Kate vai en busca de Sawyer despois de ver a Jack e Juliet xuntos. 

67 "D. O. C"
"D. D. C."
Fred ToyeSun25 de abril de 2007318

Sun accede a ser examinada por Juliet, tras descubrir que todas as mulleres dos Outros, que estaban embarazadas, morrían antes de dar a luz. Desmond permite que se faga xustiza, dunha maneira moi peculiar, para axudar a salvar a vida dun novo e misterioso habitante da illa. 

68 "The Brig"
O calabozo
Eric LaneuvilleLocke2 de maio de 2007319

Locke sepárase dos Outros, para tratar de convencer a Sawyer, que lle axude a resolver un problema en común; un novo habitante de illa revela unha información espantosa sobre o voo dos sobreviventes. 

69 "The Man Behind the Curtain"
O home trala cortina
Bobby RothBen9 de maio de 2007320

Ben Linus introduce a Locke nos segredos da illa, incluído o misterioso Jacob e o segredo de Juliet faise público. Os flashbacks mostran a historia de Ben na illa. 

70 "Greatest Hits"
Grandes éxitos
Stephen WilliamsCharlie16 de maio de 2007321

Mentres Jack idea un plan para librarse dos Outros dunha vez por todas, Sayid descobre un erro no sistema dos Outros que podería levarlles a ser rescatados. Pero necesita que Charlie acepte unha perigosa tarefa que poida que faga realidade unha das premonicións de Desmond. 

71/72 "Through the Looking Glass"
A través do espello
Jack BenderJack23 de maio de 2007322/323

Charlie trata de abrir as comunicacións da illa, mentres Sayid, Bernard e Jin enfróntanse ao asalto dos Outros. Jack e os seus compañeiros unirán as súas forzas para contactar co barco de rescate de Naomi. 

Cuarta tempada

Artigo principal: Lost (tempada 4).

A tempada catro comezouse a transmitir (en Estados Unidos) o 31 de xaneiro de 2008, concluíndo o 29 de maio desde mesmo ano. A produción comezou en agosto de 2007 e trala folga de guionistas en Hollywood de 2007 só se realizaron 14 episodios en troques dos 16 previstos.

Adewale Akinnuoye-Agbaje, Dominic Monaghan, Kiele Sanchez e Rodrigo Santoro, que interpretaban a Mr. Eko, Charlie, Nikki e Paulo, respectivamente, deixaron a serie durante anterior tempada, volvendo Harold Perrineau a interpretar a Michael. Ademais de Perrrineau, tres novos actores se uniron á serie, Jeremy Davies, Ken Leung e Rebecca Mader interpretando a Daniel Faraday, Miles Straume e Charlotte Lewis respectivamente.

A terceira tempada continua 91 días despois do accidente. Esta tempada en lugar dos habituais flashbacks durante os capítulo vanse vendo as vidas dos Seis de Oceanic e a súa futura vida fora da illa. A cuarta tempada ocorre en 17 días.

# Título Director/es Personaxe/s central/is Data de emisión Código
73 "The Beginning of the End"
O principio da fin
Jack BenderHurley31 de xaneiro de 2008401

Despois de descubrir que o cargueiro non foi enviado por Penny, os sobreviventes divídense en dous grupos liderados por Jack e Locke respectivamente. Os flashforward revelan que Hurley é un dos Seis de Oceanic, un grupo formado por seis sobreviventes do accidente do voo 815 de Oceanic, entre os que se inclúen tamén Jack e Kate, que conseguiron escapar da illa. 

74 "Confirmed Dead"
Oficialmente mortos
Stephen WilliamsDaniel, Miles, Charlotte, Frank e Naomi7 de febreiro de 2008402

Os sobreviventes empezan a preguntarse as intencións do equipo de rescate, cando catro estraños chegan á illa. 

75 "The Economist"
O economista
Jack BenderSayid14 de febreiro de 2008403

O refén de Locke pode ser a clave para saír da illa, así que Sayid e Kate van á procura do seu compañeiro nun intento de negociar un trato pacífico. 

76 "Eggtown"
Ovos revoltos
Stephen WilliamsKate21 de febreiro de 2008404

A necesidade de Kate de conseguir información do refén podería pór en perigo a súa estancia con Locke, e tamén con Sawyer. 

77 "The Constant"
A constante
Jack BenderDesmond28 de febreiro de 2008405

Sayid e Desmond atópanse turbulencias de camiño ao cargueiro, que inducen a Desmond a experimentar algúns efectos secundarios inesperados. 

78 "The Other Woman"
A outra muller
Eric LaneuvilleJuliet6 de marzo de 2008406

Juliet recibe unha visita non desexada de alguén do seu pasado que lle ordena vixiar a Charlotte e Faraday, co obxectivo de impedirlles o cumprimento da súa misión. 

79 "Ji Yeon"
Ji Yeon
Stephen SemelJin e Sun13 de marzo de 2008407

Juliet é forzada a revelar certas noticias alarmantes a Jin cando Sun ameaza con moverse ao campo de Locke. Mentres tanto, Sayid e Desmond teñen unha idea da misión do equipo do cargueiro cando coñecen ao capitán da nave. 

80 "Meet Kevin Johnson"
Preséntoche a Kevin Johnson
Stephen WilliamsMichael20 de marzo de 2008408

Sayid enfróntase ao espía que Ben ten no cargueiro e Ben tentará que a súa filla Alex se vaia do campamento de Locke para sobrevivir ao inminente ataque. 

81 "The Shape of Things to Come"
O cariz dos acontecementos vindeiros
Jack BenderBen24 de abril de 2008409

O campamento de Locke sofre un grave ataque. Mentres, Jack tenta descubrir a identidade dun corpo que chegou a terra arrastrado polo mar. 

82 "Something Nice Back Home"
"Algo fermoso de regreso en casa"
Stephen WilliamsJack1 de maio de 2008410

Jack sofre apendicite e debe ser intervido de urxencia. Sawyer, Miles, Claire e Aaron comezan o regreso cara á praia. Paralelamente, nun flashforward coñecemos máis sobre as vidas de Jack e Kate fose da illa. 

83 "Cabin Fever"
Claustrofobia
Paul EdwardsLocke8 de maio de 2008411

Nun flashback vemos os acontecementos relacionados co nacemento de Locke. Na illa Ben, Hugo e Locke seguen coa procura da cabana. Cando a atopan dánse situacións máis que interesantes. 

84 "There's Non Place Like Home: Part 1"
Nada mellor que estar en casa: Primeira parte
Stephen WilliamsOs seis de Oceanic15 de maio de 2008412

A illa está por sufrir un grave ataque, Jacob dille a John e a Ben que facer para impedilo... 

85/86 "There's Non Place Like Home: Part 2"
Nada mellor que estar en casa: Segunda parte
Jack BenderOs seis de Oceanic29 de maio de 2008413/414

A illa está por sufrir un grave ataque, Jacob dille a John e a Ben que facer para impedilo... 

Quinta tempada

Artigo principal: Lost (tempada 5).

A quinta tempada comezou a transmitirse nos Estados Unidos o 21 de xaneiro de 2009, e a data de conclusión aínda non foi anunciada . A produción comezou en agosto de 2008. A pesar de que debía contar con 16 episodios, probablemente agregaráselle un máis pola folga de guionistas do 2008. A historia centrarase en dúas en dúas partes principais, primeiro nas aventuras dos superviventes que quedaron na illa logo dos saltos temporais, ficando finalmente en 1977 e entrando a formar parte da Iniciativa Dharma e segundo no feito de por que Os seis de Oceanic deben volver á illa e como o farán, acción que transcorre a comezos de 2008.

# Título Director/es Personaxe/s central/is Data de emisión Código
87 "Because You Left"
Porque vos fostes
Stephen WilliamsVarios21 de xaneiro de 2009501

Jack e Ben comezan a buscar aos Seis de Oceanic co fin do reunilos e regresar á illa. Mentres tanto, Sayid saca a Hurley do psiquiátrico e tratan de ocultarse, pero pronto son atacados e o iraquí cae durmido por un dardo. Os sobreviventes que quedaron na illa comezan a dar saltos no tempo despois de que Ben movésea. 

88 "The Lie"
A mentira
Jack BenderHurley21 de xaneiro de 2009502

Hurley leva ao inconsciente Sayid á súa casa tratando de fuxir da policía, que lles perseguía despois de matar os seus atacantes no piso de seguridade. Mentres tanto, Kate e Aaron continúan a súa fuxida dos avogados e visitan a Sun. Os sobreviventes da illa son atacados por forzas descoñecidas. 

89 "Jughead"
Jughead
Rod HolcombDesmond28 de xaneiro de 2009503

Tras lembrar que Daniel Faraday dixéralle na illa que buscase á súa nai, Desmond vai á Universidade de Oxford para atopala. No seu antigo laboratorio, Desmond atopa unha foto de Faraday cunha muller nova e decide visitala co fin de atopar respostas; no entanto, ela está en coma e a súa irmá infórmalle a Desmond que o seu sogro, Charles Widmore, estaba a subvencionar a investigación de Faraday. En Industrias Widmore, Charles indícalle onde se atopa a nai de Faraday e aconséllalle que se manteña afastado do asunto. Mentres tanto, os sobreviventes que quedaron na illa descobren que están en 1954 e que os seus atacantes son "os Outros" daquela época, quen lles confundiron con soldados estadounidenses que viñan recuperar unha bomba de hidróxeno chamada Jughead. 

90 "The Little Prince"
O principiño
Stephen WilliamsKate4 de febreiro de 2009504

Kate tenta facer un trato co avogado que lle pediu mostras de sangue para confirmar o seu parentesco con Aaron e xunto a Jack perséguenlle até o domicilio do seu cliente. Este resulta ser a nai de Claire, pero finalmente descobren que compartía avogado con Ben, quen foi en realidade o que pediu as mostras de sangue. Os dramáticos cambios no tempo pon as vidas do resto de sobreviventes na illa en perigo. 

91 "This Place is Death"
Este lar é morte
Paul EdwardsSun Jin11 de febreiro de 2009505

Sun segue a Ben para cumprir a súa vinganza e decátase que Jin non esta morto, Kate dáse conta dos plans de Ben para volver á illa e vaise con Aaron. Ben proponlle a Sun levala a un lugar onde pode entregarlle unha proba de vida do seu esposo. Jin viaxa de flash en flash (nun deses atópase con Danielle cando chego á illa embarazada) Finalmente atópase con Sawyer. Xunto co resto idean un plan para chegar a "a Orquídea". Charlote segue tendo ataques polos flashes e finalmente morre 

92 "316"
316
Stephen WilliamsJack18 de febreiro de 2009506

A forma de regresar á illa é revelada aos membros dos 6 de Oceanic, pero antes preséntanse problemas, xa que non todos desexan volver. Aínda que logo Kate decide deixar a Aaron e acompañar a Jack de regreso á illa, Hurley tamén aparece no aeroporto para dirixirse á illa, Sayid por sorpresa acompañado e esposado por unha policía aparece para subir ao mesmo avión que tódolos demais. Ben logo aparece subindo o avión. Outra sorpresa é que o avión é pilotado por Frank Lapidus(o piloto do helicóptero de rescate co que os 6 de Oceanic escaparon). Despois todos chegan á illa repentinamente durante o voo (sen explicación até o momento de se foi un accidente) e máis tarde vese como Jack, Kate e Hurley atópanse con Jin (que conduce un vehículo Dharma) na illa. 

93 "The Life and Death of Jeremy Bentham"
Vida e morte de Jeremy Bentham
Jack BenderLocke25 de febreiro de 2009507

Locke, que sobrevive despois do accidente do voo 316 na illa, é interrogado polo resto de sobreviventes e atopa a Ben entre os feridos do accidente. No flashback, Locke é axudado por Charles Widmore e Matthew Abaddon para levar a cabo a misión de reunir aos 6 de Oceanic e devolvelos á illa. Finalmente Lock tenta suicidarse, aínda que é Ben o que ao final lle asasina. 

94 "LaFleur"
LaFleur
Mark GoldmanSawyer4 de marzo de 2009508

Sawyer faise chamar Sr. LeFleur, están traballando para A Iniciativa Dharma e seguen esperando a que chegue John Locke. Amy unha muller de Dharma á cal antes salvaran a vida esta esperando un bebe e esta a piques de dar a luz, preséntanse problemas á hora do parto e Sawyer busca a Juliet que esta traballando de mecánica para que axude a Amy a ter á súa bebe, ela lógrao Amy ten un home, Sawyer celebra unha cea romantica con Juliet, bícanse e dinse que se aman, ao amencer Sawyer recibe unha chamada de Jin a cal o sorprende. 

95 "Namaste"
Namaste
Jack BenderVarios18 de marzo de 2009509

Jin e Sawyer atópanse con Kate, Jack e Hurley, con todo non hai rexistros de que un avión estrelouse. Buscando a Sun, Jin atópase con Sayid, ao que encarceran. Doutra banda, Sun xunto con Frank atópanse con Cristian que lles mostra unha foto de 1977 na que están os seus amigos e dánse conta que eles están trinta anos no pasado. O momento de tomar a foto, o grupo di en coro "Namaste" que significa: "O espírito que habita no meu, saúda ao espírito que habita en ti". 

96 "He's Our You"
El é o noso ti
Greg YaitanesSayid25 de marzo de 2009510

En 1977, Sayid non coopera con Sawyer, quen tivo que ser levado onde o torturador da Iniciativa (razón pola cal Sawyer dille "el é o noso Ti"), quen lle fornece oralmente un soro para que fale coa verdade. Os membros da Iniciativa Dharma deciden eliminar a Sayid, pero este é liberado por Ben (o adolescente) para que se unha aos Outros. 

97 "Whatever Happened, Happened"
O que pasou, pasou
Bobby RothKate1 de abril de 2009511

Logo de que Sayid escapase, Ben é levado por Jin a Dharmaville para ser tratado da súa ferida de bala. A situación empeora cando Jack négase a axudar, e Sawyer e Kate fan algo contra as regras que podería salvar a vida do mozo Ben. En flashbacks, revélase onde deixou Kate a Aaron. 

98 "Dead is Dead"
Morto significa morto
Stephen WilliamsBen8 de abril de 2009512

Ben, Locke, e Sun viaxan ao Templo para que Ben sexa xulgado polo Monstro. Nos flashbacks, descubrimos as orixes da problemática relación entre Widmore e Ben e que pasou con Penny e Desmond antes de que Ben embarcase o Voo 316. 

99 "Some Like It Hoth"
A algúns gustalles Hoth
Jack BenderMiles15 de abril de 2009513

Miles é encomendado na misión de transportar a unha persoa que morreu dunha estraña maneira até A Orquidea. No camiño, cóntalle a Hurley que descubriu que o seu pai é o Dr. Pierre Chang, o mesmo que aparecía nas cintas de orientación da Iniciativa Dharma. á noite do día seguinte, o Dr. Chang pídelle a Miles que o acompañe a recibir aos novos recrutas que chegaron á illa no submarino, un deses recrutas resulta ser Daniel Faraday, o físico. 

100 "The Variable"
A variable
Paul EdwardsFaraday29 de abril de 2009514

De regreso na illa, Faraday explícalles aos demais que debe atopar á súa nai, que pertencía aos Outros, pois ela pode axudalos a regresar onde pertencen. Xa na xungla, Faraday dilles a Jack e Kate que descubriu como evitar o famoso ?incidente?, e evitar deste xeito a cadea de acontecementos posteriores, como o accidente do Oceanic 815. Isto conseguirao detonando unha bomba de hidróxeno. Unha vez no campamento dos Outros, Faraday recibe un disparo mortal de parte da súa propia nai. Paralelamente, no campamento Dharma, comezan a xurdir fortes sospeitas contra Sawyer e Juliet. 

101 "Follow The Leader"
Seguir ao líder
Stephen WilliamsVarios6 de maio de 2009515

No campamento dos Outros, Eloise dáse conta de que a quen acaba de matar é o seu fillo vindo do futuro, polo que decide axudar a Jack e levalo até onde está enterrada a bomba de hidróxeno. Paralelamente, no campamento Dharma, o Dr. Chang ordena a evacuación da illa, tal como recomendoulle Faraday. Sawyer, Juliet e Kate son postos no submarino. Por outra banda, en 2007, Locke, convertido no novo líder dos Outros se dirixe xunto á súa xente a atoparse con Jacob "para matalo". 

102/103 "The Incident"
O incidente
Jack BenderJacob13 de maio de 2009516/517

En 1977, Jack consegue levar o núcleo da bomba até "O Cisne", lugar onde ocorrerá o "incidente". Juliet, Sawyer e Kate regresan do submarino para axudalo. Paralelamente, en 2007, Ben mata a Jacob por indicación de Locke. En momentos en que isto ocorre aparece Ilana (a muller do avión que utilizaron Hurley e os demais para regresar á illa) portando unha caixa que contén o cadáver de Locke. Nos flashbacks, en tanto, vemos como Jacob estivo presente en varios momentos da vida dos sobreviventes do Oceanic 815. A escena final volve a 1977: Jack bota a bomba pero aparentemente non logra evitar o incidente, os obxectos metálicos son atraídos fortemente cara á fonte electromagnética e un deles arrastra a Juliet ao fondo da escavación, lugar onde finalmente consegue facer detonar a bomba. 

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cuse, Carlton; Lindelof, Damon (9 de abril de 2009). "The Official LOST Audio Podcast: April 9th, 2009". American Broadcasting Company (ABC.com). Consultado o 04-09-2009. 
  2. "Lost Fans Will Get an Uninterrupted Season 5". TV Guide. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 2009-02-08. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!