Lisardo Gómez González,[1] nado en Lugo o 8 de outubro de 1974, é un adestrador profesional de baloncesto galego. Tras ser xogador e adestrador do Estudiantes de Lugo, pasou a ser adestrador asistente de Rubén Domínguez do Club Baloncesto Breogán e, trala destitución do mesmo, pasou a facerse cargo do cadro de xogadores durante dous días até a chegada de Pepe Rodríguez. Trala marcha do último faise cargo como adestrador principal do club. O 16 de marzo de 2016, vese obrigado a deixar temporalmente o club debido a unha baixa indefinida por enfermidade, sendo substituído polo seu compañeiro Quique Fraga.[2]
Traxectoria
Palmarés
- Subcampión de Galicia en categoría cadete (2005)
- Subcampión liga Sub-20 (2007)
- Mellor clasificación histórica do Estudiantes (5º posto en EBA)
- Final dos Playoffs da Liga LEB (2015)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas