En botánica, chámase limbo foliar a lámina que forma parte da anatomía dunha folla. A cara inferior chámase envés, revés ou dorso e, a superior, anverso ou face.
O limbo pode ser dunha peza, nese caso a folla é simple, ou formado por segmentos separados polo raque, o que fai á folla composta. Varios caracteres distintivos, que se empregan na descrición e recoñecemento das especies botánicas, fican asociados ao limbo: a nervación, a cor e o tricoma (que poden ser diferentes na cara superior e no envés) e a forma da beira son os máis destacados.