Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven

Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven
Álbum de Godspeed You! Black Emperor
Publicado9 de outubro de 2000
Gravaciónfebreiro de 2000
Estudio(s)Chemical Sound Studios en Toronto
Duración87:21
Xénero(s)post-rock, rock instrumental
Selo(s)Constellation, Kranky
ProdutorDaryl Smith
Cronoloxía
Slow Riot for New Zerø Kanada
(1999)
Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven Yanqui U.X.O.
(2002)
Na rede
Spotify: 2rT82YYlV9UoxBYLIezkRq Discogs: 4393 Allmusic: mw0000620361 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven (tamén coñecido como Lift Yr. Skinny Fists Like Antennas to Heaven! e Levez Vos Skinny Fists Comme Antennas to Heaven) é un álbum dobre da banda canadense de post-rock Godspeed You! Black Emperor, publicado o 9 de outubro de 2000 a través do selo Constellation Records e o 8 de novembro a través de Kranky Records.

Estrutura e detalles

Os catro cortes de Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven están compostos de movementos internos nomeados individualmente. O álbum é principalmente instrumental, agás por insertos de voces sampleadas e o tema "Moya Sings 'Baby-O'...". Os samples no disco adoitan a ser usados para enviar algunha mensaxe satírica, política ou poética. Os paneis interiores da edición en vinilo editada por Constellation conteñen un diagrama usado para ilustrar as lonxitudes relativas dos movementos dentro dos catro cortes; cada movemento é debuxado por Efrim Menuck[1] como un bloque rectangular coa súa lonxitude determinada pola proporción da pista que comprende. Algúns dos bloques desprázanse lixeiramente cara a arriba para amosar un incremento na intensidade. O título do movemento e a lonxitude numérica indícase por riba ou por debaixo do cadrado. O mesmo diagrama aparece como un inserto de papel na edición en CD de Kranky.

Os debuxos da portada interior foron collidos de "Notes to a Friend; Silently Listening No. 2" de William Schaff, ilustracións tomadas "dunha serie de pequenos libros autoeditados [por Schaff] a finais dos 90 e a principios do século XXI".[2] A portada é unha versión redeseñada, por John Arthur Tinholt, dunha das pezas de Schaff desas series. A outra cara da portada do vinilo contén varias fotografías tomadas pola banda.

Listaxe de cancións

O álbum está formado por catro cortes continuos na edición en CD. A duración dos movementos individuais están collidos da súa discografía oficial.[3] Os tempos de cada un deles aparece no libreto do disco, pero son moi imprecisos.

Disco un
1.1: Storm
N.º Título Duración
1. "Lift Yr. Skinny Fists, Like Antennas to Heaven..."   6:15
2. "Gathering Storm/Il Pleut à Mourir [+Clatters Like Worry]"   11:10
3. "'Welcome to ARCO AM/PM...' [L.A.X.; 5/14/00]"   1:15
4. "Cancer Towers on Holy Road Hi-Way"   3:52
1.2: Static
N.º Título Duración
1. "Terrible Canyons of Static"   3:34
2. "Atomic Clock"   1:09
3. "Chart #3"   2:39
4. "World Police and Friendly Fire"   9:48
5. "[...+The Buildings They Are Sleeping Now]"   5:25
Disco dous
2.1: Sleep
N.º Título Duración
1. "Murray Ostril: '...They Don't Sleep Anymore on the Beach...'"   1:10
2. "Monheim"   12:14
3. "Broken Windows, Locks of Love Pt. III."   9:53
2.2: Antennas to Heaven
N.º Título Duración
1. "Moya Sings 'Baby-O'..."   1:00
2. "Edgyswingsetacid"   0:58
3. "[Glockenspiel Duet Recorded on a Campsite In Rhinebeck, N.Y.]"   0:47
4. "'Attention...Mon Ami...Fa-Lala-Lala-La-La...' [55-St. Laurent]"   1:18
5. "She Dreamt She Was a Bulldozer, She Dreamt She Was Alone in an Empty Field"   9:43
6. "Deathkamp Drone"   3:09
7. "[Antennas to Heaven...]"   2:02
  • "Broken Windows, Locks of Love Pt. III" orixinalmente chamábase "3rd Part".
  • "She Dreamt She Was a Bulldozer, She Dreamt She Was Alone in an Empty Field" orixinalmente chamábase "John Hughes", presumiblemente polo director de cine.
  • "Monheim" e "Chart #3" foron gravadas o 22 de novembro de 1998 (aínda que non se emitiron ata o 19 de xaneiro de 1999) para o programa de radio de John Peel antes da edición de Skinny Fists como os dous primeiros movementos dunha peza chamada "Hung Over as the Queen in Maida Vale".[4][5] O movemento de peche, que nunca foi publicado oficialmente, chamouse "Steve Reich" polo compositor minimalista, e está lixeiramente baseado na súa peza Violin Phase.

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!