Liberata de Baiona

Modelo:BiografíaLiberata de Baiona

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Gallaecia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Mortec. 139 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Gallaecia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de xullo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLucio Castelio Severo Editar o valor en Wikidata
IrmánsMariña de Augas Santas
Vitoria
Xermana
Eufemia de Ourense
Marciana
Xenibera
Basilia
Quiteria Editar o valor en Wikidata

Santa Liberata[1] ou Santa Librada[1] é unha santa católica que posiblemente naceu en Baiona a comezos do século II[1] e foi martirizada en Sigüenza en 139.[2] Segundo a crenza, era irmá de Santa Mariña de Augas Santas e de Santa Eufemia.[1]

Lenda galaica

As fontes sobre a súa vida son escasas e adóitase contar a súa biografía dende unha perspectiva lendaria[2]. A tradición máis coñecida sinala que naceu a principios do século II, xunto con oito irmás, Xenevra[1], Quiteria[1], Eufemia[1], Xermana[1], Marciana[1], Basilia[1], Vitoria[1] e Mariña[1], todas dun mesmo parto. Eran fillas do gobernador romano Lucio Catelio Severo e da súa muller Calsia[2].

Capela de Santa Liberata, en Baiona.

Mentres o gobernador romano estaba recorrendo os seus dominios, a súa esposa deu a luz as nove fillas (incluso, ás veces, se engade un décimo, Acisclo[1]). Algunhas fontes explican que este feito se debeu a que Calsia bebeu da Fonte Cristalina, unha narración que vincula o relato con antigos cultos á fecundidade mediante a auga.[1] Temendo ser repudiada por infidelidade, decidiu desfacerse das criaturas. Calsia encomendoullas á súa criada (ás veces, indícase comadroa) Sila. Calsia ordenoulle que as afogara no río Miñor, mais Sila era cristiá e non podía cometer aquel crime. Así que deixou as rapazas en mans de familias cristiás.[2] As nenas foron bautizadas por San Ovidio e criadas na fe.

Durante unha persecución aos cristiáns, no tempo do emperador Hadriano, Lucio Catelio Severo foi o encargado desta tarefa no seu territorio. Entre os apresados atopábanse as nove irmás. Unha vez que soubo que eran fillas súas, invitounas a renunciar a cambio de poderen vivir rodeadas de luxos e comodidades. Algunhas fontes narran que foi el quen as recoñeceu polo parecido físico, mentres que outras sinalan que foi Xenebra quen lle advertiu desta circunstancia.[2] Elas foron encarceradas pero lograron fuxir. Todas acabaron sendo mártires. A devoción popular sitúa a Liberata, a última en morrer, mártir na cruz con 20 anos, o 18 de xaneiro de 139, quizais preto de Sigüenza.[2][3]

É venerada o 20 de xullo na vila de Baiona, Pontevedra; data na que se trasladaron as súas reliquias dende Sigüenza no ano 1515.[3] Posúe unha capela, feita no ano 1709, de estilo italiano bastardo.[4] O seu culto en Galicia céntrase principalmente nesta vila. Está presente tamén na tradición oral[1]:

Posición da Igrexa

Nunca foi canonizada, pero hai algunhas imaxes dela en Portugal e en España.

Santa Wilgefortis (Weissenburg, Baviera, finais do século XIV).

En febreiro de 1969, o papa Paulo VI ordenou revisar o calendario litúrxico para suprimir os santos de cuxa existencia non houbese probas. Iso non significa que os descanonizase, senón simplemente que a súa celebración e veneración non é obrigatoria.

En abril de 1969 ditaminouse a eliminación de santa Liberata do santoral —xunto con san Cristovo, san Xurxo de Capadocia (patrón de Inglaterra) e moitos outros santos—, aínda que se mantivo o dereito á súa representación iconográfica e veneración por razóns tradicionalistas. Os seus restos venéranse na catedral de Sigüenza.

Confusión con Santa Wilgefortis

Existen concomitancias con Santa Wilgefortis, tamén coñecida como a Santa Barbuda, polo que ás veces ambas foron confudidas[2]. Esta santa, xermana, de culto máis estendido pola cunca do río Rin, tamén tiña nove irmás, do mesmo parto. Mais dise que viviu no século VII, polo que hai sobre uns cincocentos anos de diferenza entre as dúas santas.

Ademais, Santa Wilgefortis foi prometida en casamento polo seu pai ó rei mouro de Sicilia. Para evitar o casamento indesexado, ela tomou o voto de virxindade e pregoulle a Deus para que a convertese nun ser feo. En resposta ás súas oracións, medroulle barba e pelo por todo o corpo, polo que o rei musulmán rompeu o compromiso e partiu. Cheo de ira, o pai de Liberata mandouna crucificar.

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses. 
  3. 3,0 3,1 "Liberata, Santa". Consultado o 2016-08-03. 
  4. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2008-03-31). "GALICIA - IGREXA SANTUARIO DE SANTA LIBERATA DE BAIONA EN BAIONA PONTEVEDRA". Turgalicia. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-03. 

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Ilse E. Fritisen (2001): The Female Crucifix: Images of St. Wilgefortis Since the Middle Ages. ISBN 0-88920-365-2

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!