Les Misérables é un filme británico dirixido por Tom Hooper que se estreou no 2012. Producido por Working Title Films e distribuído por Universal Pictures, o filme baséase no musical do mesmo nome obra de Alain Boublil e Claude-Michel Schönberg, que á súa vez está baseado en Les Misérables, novela francesa de 1862 escrita por Victor Hugo.
Sinopse
O presidiario Jean Valjean (Hugh Jackman) é perseguido durante décadas polo desapiadado policía Javert (Russell Crowe). Cando Valjean accede a coidar a Cosette, a pequena filla de Fantine (Anne Hathaway), as súas vidas cambiarán para sempre.
Personaxes
Les Amis de l'ABC son interpretados por:
- Aaron Tveit como Enjolras
- George Blagden como Grantaire
- Killian Donnelly como Combeferre
- Fra Fee como Courfeyrac
- Alistair Brammer como Jean Prouvaire
- Hugh Skinner como Joly
- Iwan Lewis como Bahorel
- Stuart Neal como Lesgles
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas