Legacy of Kain: Soul Reaver é un videoxogo desenvolvido por Crystal Dynamics e publicado por Eidos. É o segundo xogo na serie Legacy of Kain. Foi lanzado para PlayStation, Sega Dreamcast e PC. O xogo mostra a historia do recentemente nado Segador de Almas (Soul Reaver), Raziel, seguíndoo na súa procura de vinganza contra os seus irmáns vampiros (Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah) e o seu creador e antigo señor, Kain.
Historia
Raziel, o personaxe principal desta historia é un vampiro e o primeiro lugarteniente de Kain, Kain é o líder destes. Cada catro anos os vampiros evolucionan desenvolvendo un poder especial, Raziel evoluciona e sáenlle unhas fermosas ás de murcego, o erro deste foi evolucionar antes que o seu amo, a condición de cada evolución era facelo logo de Kain, este cheo de ira arrinca a parte esquelética das ás de Raziel e lánzao coa axuda dos seus irmáns ao Lago dos Mortos, Raziel esperta no inframundo ante un deus mitolóxico, cuxa cara e corpo descoñécense, que o incita a tomar vinganza contra Kain e os seus irmáns pola actitude que tiveron contra el, converténdoo nun espectro segador de almas coa capacidade de adquirir as habilidades daquel de quen consuma a súa alma e poder transportarse entre o inframundo e o mundo dos vivos. Durante o transcurso do xogo Raziel descobre que o e os seus irmáns eran os Sarafan. Raziel era un membro de alto rango dos Sarafan que persoalmente matou a Janos Audron, último representante da antiga raza de vampiros orixinal coñecida coma “Os antigos“ ou “Os antigos vampiros“. Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah eran xenerais xunto a Raziel durante a súa cruzada.
Nun acto de irónica blasfemia, Kain reviviu a Raziel, Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah como os seus fillos vampiros.
A medida que o xogo avanza, Raziel vence aos seus irmáns e absorbe as habilidades especiais destes.
Ao final do xogo, perseguindo a Kain, Raziel é transportado a outra dimensión, dando inicio a Legacy of Kain: Soul Reaver 2, onde segue descifrando os misterios de Nosgoth.
A versión de Soul Reaver para PlayStation e PC saíu un pouco antes que a de Dreamcast, na versión para esta consola melloráronse aspectos técnicos deixándolle unha maior calidade nos gráficos.
Xeroglíficos
A medida que a aventura avanza, Raziel atopa xeroglíficos que lle permiten ter poderes para derrotar aos seus inimigos. Estes son:
- Tránsito: Poder principal de Raziel, xa que pode cambia de planos, aínda que para acceder ao mundo material fai falta ter o nivel de saúde ao máximo.
- Forza: Poder de forza telecinética[1] que permite golpear aos seus inimigos para afastalos.
- Pedra: Poder que conviertea os inimigos en pedra nun amplo radio de acción.
- Son: Poder que provoca ondas mortais de son causando graves danos aos vampiros dentro do seu limitado radio de acción.
- Auga: Desata unha chuvieira danando os vampiros pero sen matalos, simplemente déixaos aparvados para empalalos e matalos.
- Lume: Provoca aneis de lumes matando a todo vampiro e humano dentro do seu radio.
- Luz solar: O máis poderoso de todos os xeroglíficos, con este poder, Raziel invoca unha luz solar dentro da habitación onde se atopa situado reducindo aos vampiros presentes na habitación.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telecinesia.