Laura Insua Calviño, nada en Caldas de Reis o 11 de setembro de 1992, é unha escritora galega en lingua castelá, coñecida co pseudónimo de Anya Rit.
Traxectoria
Estudou no colexio La Encarnación de Caldas. Con 19 anos publicou a súa primeira novela romántica erótica Encuentra tu lado salvaje[1]. Un ano máis tarde, sacou a segunda parte Rompiendo con las reglas. En febreiro de 2018 adoptou o pseudónimo de Anya Rit, co que publicou Recorriendo tu geografía[2]. Tamén publicou relatos e participou en antoloxías solidarias.
EN 2019 foi a organizadora, xunto coa Asociación de Hostaleiros de Caldas de Reis do evento Tapas con Letras.
Amais da literatura romántica e erótica, entre os temas que abordou figuran a violencia de xénero, as relacións de parella, as pérdidas familiares, etc.
En 2020 publicou A tiempo, novela que forma parte da saga Sin límites.
No 2022 xunto con Queco Fresco consolidaron PerVersos co que fusionan os relatos e a poesía erótica a modo de performance. Representando xa en Vilagarcía, en Vilanova, en Oia...
Na súa páxina de youtube ten narrados algúns dos seus relatos, así como entrevistas coas que se pode coñecer un pouco máis á autora.
No ámbito laboral, está especializada en Comercio Internacional.
Obras
- Encuentra tu lado salvaje (Círculo Rojo, 2012)[3]
- Rompiendo con las reglas (Punto Rojo, 2013)[4]
- Recorriendo tu geografía, 2018.
- Tú & Yo, 2018 (relato).
- Entre partituras, 2018 (relato).
- Latido de Navidad, 2018 (relato).
- Desnudando emociones, 2019, relato que forma parte da antoloxía solidaria "Un sueño de verano".
- La fruta prohibida, 2019, recompilación de relatos eróticos.
- El príncipe que se convirtió en bestia, 2019, relato sobre a violencia de xénero.
- A tiempo, 2020.
- Carta al cielo, 2020, carta dun neno a un pai falecido.
- La chica de la bicicleta, 2020
- Amanecer contigo, 2020
- San Valentin@: Amor en tiempos de pandemia, 2021
- Valentin@ tómate un café conmigo, 2021
- PerVersos (Performance erótica xunto a Queco Fresco), 2022
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas