Lago Hòb

Modelo:Xeografía físicaLago Hòb
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaHighland, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 58°27′25″N 4°37′57″O / 58.4569, -4.6325
Afluentes
Efluente do lagoRiver Hope (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións9,5 (lonxitude) km

O lago Hòb (Hope en inglés) é un loch cerrado situado na parte máis setentrional de Escocia.

Características

O lago Hòb esténdese alongadamente de sur a norte, nas terras antes pertencentes ao condado de Sutherland e agora sumidas na área municipal da Terra Alta. É alimentado polas augas do Srath Mòre, o río que forma o val de An Srath Mòr e desemboca na ría de Euraboil polo curto río Hòb, que non chega ao quilómetro de curso. É polo tanto un lago pechado, pero moi próximo ao mar, o que permite o acceso de especies piscícolas. O seu largo máximo é de 1.200 m, cunha lonxitude que rolda os 8 km, e unha fondura máxima de 55 m.

As súas ribeiras están despoboadas: só un pequeno lugar no seu extremo norte (Hope, no seu nome oficial inglés) prové algúns servizos orientados á pesca deportiva. Nas proximidades da ribeira leste, e dominando o lago, sitúase o monte Beinn Hòb, o munro máis setentrional de Escocia.

Aproveitamento

O lago Hòb é coñecido por ser un lugar frecuente de pesca deportiva, particularmente dunha variedade de troita que ten comportamentos migratorios (marcha ao mar a desovar), e do salmón. A pesca é máis habitual na ribeira oeste.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!