O lago Hjälmar (en s. Hjälmaren, "O Hjälmar") é o cuarto lago máis grande de Suecia.[1] Está situado nas terras baixas centrais suecas, ao lado do lago Mälaren, a través do que drena as súas augas cara ao mar Báltico ao oeste de Estocolmo. Está conectado ao Mälaren pola canle Hjälmare, unha vía fluvial de 13 quilómetros. O lago limita cos condados de Södermanland, Närke e Västmanland.
O Hjälmaren ten 63 quilómetros de longo e uns 20 de ancho. Ten unha profundidade media de 6,2 metros e unha superficie de 483 km². A cidade de Örebro está situado no extremo occidental do lago.
O rebelde Engelbrekt Engelbrektsson foi asasinado no ano 1436 en Engelbrektsholmen, un illote dentro do lago Hjälmaren.
Notas