Está preto do campo volcánico coñecido como Campos Flegreos(Campi Flegrei), sendo o segundo en tamaño, despois do Fusaro, ten unha forma aproximadamente circular e mide 2 km de circunferencia e ten unha profundidade máxima de 6 metros.
O nome Avernus derivaba do gregoάορνος (sen paxaros). De feito, dise que este significado provén de que as augas do lago exhalaban uns gases determinados que non permitían vivir ás aves. Segundo a relixión grega e despois romana, era o acceso ao "inframundo", o reino do deus Plutón: por este motivo, o inframundo romano (na mitoloxía grega, Hades) tamén se chamaba Averno e non por casualidade a mitoloxía o recoñecerá como unha das portas ao inframundo, así como a morada terrestre do anxo caído Lucifer, empregándose o seu nome como sinónimo de inferno.[3]
Historia
O porto de Agripa
Antes de cumprir os 43 anos esixidos para o cargo, Marco Vipsanio Agrippa foi chamado a Roma por Octaviano para ser nomeado cónsul no 37 a.C. Octaviano sufrira unhas humillantes derrotas navais fronte Sexto Pompeio[4] e precisaba que o seu amigo e home de confianza traballase na estratexia a seguir na guerra. Mentres Sexto Pompeio controlaba as costas italianas, o obxectivo principal de Agripa foi o de atopar un porto seguro para a frota. Durante a súa campaña anterior, Agripa non atopara bases navais en Italia preto de Sicilia mais, con todo, amosou un "gran talento como organizador e construtor"[5] realizando "traballos xigantescos"[6] como a construción dunha base naval en Campania partindo de cero. Para iso, fixo cavar unha canle entre o mar e o lago de Lucrino para formar un porto exterior e outra canle entre o lago Lucrino e o lago Averno para ter un porto interno. O novo complexo portuario chamouse Portus Iulius, en honra a Octaviano.[5][6]
Época moderna
O lago chegou a ser propiedade dos gobernantes borbónicos de Nápoles quen, en 1750, o cederon a unha familia aristocrática que o vendeu en 1991 á familia Cardillo.
Monumentos e lugares de interese
Preto do lago atópase o Templo de Apolo, que se identificou coa "entrada ao Inframundo" descrito por Virxilio no libro VI da Eneida, cando Eneas decide entrar no Hades para coñecer a seu pai falecido (scrupea, abbigliamento lacu nigro nemorumque tenebris; en galegoincrustadas, protexidas por un lago negro e un bosque escuro).[7] En realidade, é unha cova escavada na toba volcánica, duns 200 m, probablemente creada para conectar o lago co mar, que, debido ao medio ambiente e ás infiltracións de auga que crearon un regato subterráneo, estivo asociada á Estixia infernal e aos lugares do Caronte.
Tamén se atopa moi preto, a Cova de Cocceio, un túnel escavado polos romanos con fins militares, que comunicaba o lago con Cumas e que foi mencionada por Estrabón[8] e está datada no 35 a.C. Tiña unha lonxitude dun quilómetro, e unha largura suficiente para que fose empregado durante a Segunda guerra mundial para o movemento de carros de combate. Hoxe xa non se pode visitar por mor dos danos estruturais que se produciron daquela, polo que a cova é insegura.
No 10 de xullo de 2010, un terreo de 55 hectáreas (0,55 km2) -incluíndo o lago, un restaurante á beira do lago e discoteca- foi incautado pola policía despois de que o propietario fose acusado de ser un líder da do clan dos Casalesi,[9] pertencente á Camorra italiana.[10]
Notas
↑Annali civili del regno delle Due Sicilie (1834), pp. 38-39
Annali civili del regno delle Due Sicilie(en italiano)IV. Nápoles: Tipografia del Real Ministero dell'interno. 1834.
Cosme, Pierre (2005). Auguste(en francés). París: Librairie Académique Perrin. ISBN9782262018818.
Roddaz, Jean-Michel (2000). Hinard, François (dir.), ed. Histoire romaine des origines à Auguste. Tomo I (Des origines à Auguste)(en francés). París: Fayard. ISBN978-2213031941.
Ruffo, Giuseppe (1839). Atti della Reale Accademia delle Scienze(en italiano).