Ladróns na casa (titulado orixinalmente en inglés Rogues in the House) é un dos relatos protagonizados polo personaxe de espada e bruxaría Conan o bárbaro, escrito por Robert E. Howard e publicado por primeira vez na revista pulp Weird Tales en 1934. Está ambientado na mítica Era Hiboria, o universo de ficción que Howard creou para os relatos da súa personaxe, e nel Conan verase involucrado no xogo de poder entre dous homes influentes, que loitan polo control dunha cidade.
Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan I" de Urco Editora no ano 2011.[1]
Notas